martes, 7 de maio de 2024

Estadía de observación en Roma

 A nosa directora, Beatriz Temes, está de estadía Erasmus en Roma para observar boas prácticas docentes e de xestión no IIS León Battista Alberti.

















Na primeira xornada foi recibida polo equipo directivo, que lle amosou as dependencias do centro. Tivo un encontro co alumnado para comentar as fortalezas e aspectos de mellora da súa aprendizaxe e puido participar en dúas sesións: unha práctica no laboratorio e outra sobre moda.

Grazie mille, Bea, per la informazione!

venres, 19 de abril de 2024

Arrivederci Roma

 Velaquí varias imaxes da última xornada do noso alumnado na estadía Erasmus en Roma:

  • Visita á expo Senzatomica
  • Tour polo Domus Aurea, San Pietro in Vincoli, Cavour e o Barrio di Monti.
  • Pique nique na horta urbá do centro
  • Entrega de diplomas

Grazas á comunidade educativa do IIS Leon Batista por unha acollida excepcional!

















xoves, 18 de abril de 2024

Ciao da Roma

 O alumnado de 4️⃣ ESO de estadía Erasmus en Roma creou un vídeoblog para os/as seus/súas compañeiros/as, que resume a súa experiencia e achega á cultura, tradicións e patrimonio da Cidade Eterna.

Velaquí varias imaxes do visionado do vídeoblog:












mércores, 17 de abril de 2024

Día 3 da estadía en Roma

 Onte foi unha xornada intensa para o alumnado de estadía Erasmus en Roma!

Pola mañá levaron a cabo sesións prácticas no laboratorio de física e no obradoiro de robótica, participaron en aulas de historia e italiano e degustaron un prato italiano na cantina do IIS Leon Batista Alberti.



























 Pola tarde visitaron o parque arqueolóxico de Ostia Antica.


Grazas por compartir! 

Seguimos atent@s!