Amosando publicacións coa etiqueta Nos visitan. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nos visitan. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de abril de 2026

Salimos en Prensa!!!

 


Salimos en prensa!! 👀

Ayer tuvimos la suerte de poder visitar la Diputación Provincial de Ourense con nuestros visitantes de Groenlandia y los alumnos del Colegio San José de Ourense del que somos escuela mentora. 👏

Como actividad conjunta, llevamos varios cursos celebrando este pleno mixto en el que nuestros alumnos y alumnas tienen la posibilidad de conocer y debatir con otros embajadores júnior.

Visita los siguientes enlace y ¡alucina!

La Región se hace eco de nuestra visita a la Diputación

La Diputación Provincial de Ourense os cuenta todo sobre nuestra visita











martes, 28 de abril de 2026

Visita desde Groenlandia

 Hoxe e onte tivemos o pracer de recibir no noso centro ao grupo Erasmus+ procedente de Atuarfik Hans Skole, en Nuuk (Groenlandia). A delegación está formada por 21 alumnos, 2 profesores e 2 pais, que nos acompañarán durante estes días nun enriquecedor intercambio educativo e cultural. Esta primeira xornada estivo dedicada á benvida oficial, na que a directora do centro, Beatriz Temes, realizou unha presentación do colexio. Ademais, o grupo foi acollido pola xefa de estudos e coordinadora de programas europeos, Beatriz Nieto, quen explicou as liñas principais do noso proxecto Erasmus+

Durante o primeiro día, o alumnado participou en obradoiros e sesións interactivas —todas elas en inglés— centradas na cultura de Galicia, así como en contidos das materias de bioloxía, ecoloxía e recursos naturais.








O programa de actividades continuará con propostas moi variadas, entre as que se inclúen sesións de defensa persoal, visitas á biblioteca, unha recepción oficial no concello e na deputación de Ourense, así como sesións de lingua española, entre outras moitas actividades.











Animámosvos a seguir atentos ao noso blog, onde iremos compartindo todas as novidades desta experiencia Erasmus+ tan especial. Estamos moi ilusionados por compartir esta experiencia cun país tan singular e con tanta riqueza cultural, que sen dúbida achegará novas perspectivas á nosa comunidade educativa.

martes, 14 de abril de 2026

Día 2 da visita Erasmus de alumnado e profesorado de Módica, Italia

Continuamos coa segunda xornada desta visita do programa Erasmus, na que participamos xunto a dúas profesoras e oito alumnos e alumnas dun instituto de educación secundaria de Módica (Italia).

Ao longo do día, o alumnado visitante asistiu a unha clase de Bioloxía, onde puido comprobar como funciona o proxecto Ciencia Activa. Ademais, revisaron contidos desta materia de 3º da ESO dunha maneira moi lúdica, a través dun rosco tipo Pasapalabra en italiano.







Tamén tiveron a oportunidade de observar unha aula de arte grego, coñecendo outras áreas do noso traballo educativo.








Por outra banda, foron recibidos no Concello de Ourense pola Concellería de Educación, a quen agradecemos a súa acollida.

Seguimos compartindo experiencias!


luns, 13 de abril de 2026

Visita Erasmus de alumnado e profesorado de Módica, Italia

 Hoxe demos comezo a unha nova e ilusionante experiencia dentro do programa Erasmus +no noso colexio. Recibimos a visita de dez alumnos e dúas profesoras procedentes dun instituto italiano da cidade de Módica, que compartirán con nós unha estadía de cinco días.










Durante esta semana, queremos darlles unha calorosa benvida e ofrecerlles a oportunidade de coñecer de preto tanto a nosa cultura como o funcionamento do sistema educativo en España. Para iso, temos preparado un completo programa de actividades que combina aprendizaxe e lecer.

Entre as actividades previstas, o alumnado visitante coñecerá a nosa biblioteca, onde participarán en dinámicas interactivas centradas na Unión Europea. Tamén realizarán prácticas no laboratorio de Ciencias de Bioloxía, o que lles permitirá achegarse ao noso xeito de traballar no ámbito científico.

Ademais, presentarán o seu propio centro educativo, favorecendo así o intercambio cultural e educativo. Ao longo da semana, participarán en distintas actividades en español e galego, así como en sesións de música, un taller de novas tecnoloxías e mesmo nunha clase de defensa persoal.


Como parte desta experiencia, tamén serán recibidos oficialmente no Concello, fortalecendo así os lazos institucionais e culturais.


Estamos seguros de que será unha experiencia moi enriquecedora para todas e todos, chea de aprendizaxes, novas amizades e lembranzas inesquecibles. ¡Benvidos!

venres, 23 de xaneiro de 2026

Día 4 da visita de alumnado e profesorado de Lijó, Portugal






 O último día da visita Erasmus+ do grupo do Agrupamento de Escolas Vale do Tamel de Lijó (Portugal) estivo cheo de actividades dinámicas e moi enriquecedoras, poñendo o broche final a unha experiencia inesquecible.

Os 22 estudantes de 13 e 14 anos, acompañados por tres profesores, participaron nunha xornada variada que combinou aprendizaxe, intercambio cultural e momentos emotivos. A mañá comezou cunha visita á biblioteca, un espazo no que o alumnado puido coñecer de preto os recursos dispoñibles e a importancia da lectura como ferramenta de coñecemento e encontro entre culturas.







A continuación, desenvolveuse un obradoiro de lingua e cultura galego-portuguesa, no que os estudantes participaron activamente, descubrindo similitudes e diferenzas entre ambas linguas e afondando nos lazos culturais que unen Galicia e Portugal. Foi unha actividade moi participativa, que fomentou a comunicación, a curiosidade e o respecto pola diversidade lingüística.








A xornada rematou cun acto de entrega de certificados, seguido dunha sentida despedida, na que non faltaron os agradecementos, os sorrisos e algunha que outra emoción. Este encontro supuxo unha experiencia moi valiosa tanto a nivel académico como persoal, fortalecendo os vínculos entre os centros participantes e deixando unha pegada imborrable en todo o alumnado.


Sen dúbida, esta visita Erasmus+ foi un exemplo do valor do intercambio educativo europeo e da aprendizaxe máis alá da aula.