sábado, 17 de xuño de 2023

5ª e última xornada de Beatriz Temes no curso CLIL en Dublín

 Onte rematou o curso CLIL en Dublín que a nosa directora, Beatriz Temes, levou a cabo para afondar en estratexias, técnicas e ferramentas útiles para levar a cabo unha integración eficaz de contidos e linguas estranxeiras en diferentes materias. Logo de 5 días de traballo con profesorado de varios países, Beatriz foi quen de deseñar unha unidade didáctica CLIL para a materia de bioloxía sobre o ciclo da auga e presentarlla aos seus compañeiros, quenes lle deron un feedback moi positivo!




Velaquí varias imaxes da entrega de certificados.




Have a good journey back, Bea!


venres, 16 de xuño de 2023

4ª xornada de Beatriz Temes no curso CLIL en Dublín

 Onte foi unha xornada cultural para Beatriz Temes en Dublín: Acompañada de docentes de diversos países, foi quen de coñecer aspectos clave da cultura irlandesa grazas á visita ao Museo Nacional de Irlanda.




Ademais, tamén tivo a oportunidade de xogar ao curling, o deporte nacional irlandés por excelencia e de participar nun obradoiro de danza tradicional irlandesa.




O resto da xornada adicouna a traballar individualmente no deseño do produto final do curso: unha unidade didáctica na que aplique o aprendido e que presentará hoxe na sesión de peche. 




xoves, 15 de xuño de 2023

3ª xornada de Beatriz Temes no curso CLIL en Dublín

 Beatriz Temes segue a compartir connosco a súa experiencia no curso CLIL en Dublín. Onte foi unha intensa xornada na que, xunto con docentes de diferentes países, Beatriz puido intercambiar modelos de actividades, estratexias, libros de texto e ferramentas dixitais para ensinar bioloxía e xeoloxía en lingua estranxeira-inglés.

Velaquí varias imaxes:













mércores, 14 de xuño de 2023

2ª xornada de Beatriz Temes no curso CLIL en Dublín

 A nosa directora, Beatriz Temes, comparte varias imaxes do 2º día de curso CLIL en Dublín. Logo de aprender pautas e intercambiar consellos sobre o ensino-aprendizaxe integrado de contidos en linguas estranxeiras, crearon e puxeron en práctica actividades CLIL aplicables a varias materias.








Podedes consultar o material neste muro interactivo. Thanks a bunch, Bea!

Hecho con Padlet

martes, 13 de xuño de 2023

1ª xornada de Beatriz Temes en Dublín nun curso CLIL

 A nosa directora, Beatriz Temes, está en Dublín, participando en un curso sobre metodoloxía AICLE ou CLIL en inglés (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Lingua Estranxeiras) xunto con docentes de Alemaña, Italia, Portugal, Finlandia, Francia e EEUU. 






Logo dunha presentación colectiva, repasaron os principios do método CLIL para o ensino bilingüe e intercambiaron impresións acerca das fortalezas e debilidades da súa aplicación ao tempo que degustaban petiscos típicos dos seus países de orixe.





Thanks a million for the update, Bea!


luns, 12 de xuño de 2023

Recuncho TEACCH en 4º de primaria

 

Logo da súa estadía de observación no Agrupamento de Escolas Sao Bruno en Oerias,Portugal, Laura Velasco, ven de implementar en 4º de primaria un recuncho TEACCH Treatment and Education of Autistic and Related Communication Handicapped Children (Tratamento e Educación de Nenos con Autismo e Problemas Asociados de Comunicación), unha experiencia moi enriquecedora para todo o alumnado. No recuncho TEACCH o espazo está adaptado ás actividades que o alumnado realiza de forma autónoma e que permiten activar a lóxica, a motricidade fina e grosa, e a competencia comunicativa.

Velaquí varias imaxes na que o Recuncho TEACCH empregouse para consolidar o aprendido sobre o Sistema Solar: