luns, 25 de novembro de 2019

Estreamos placa!

Vimos de recibir unha placa do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), que recoñece a nos labor como centro participante no programa Erasmus +
Para nós é un privilexio! Moitas grazas!!




martes, 19 de novembro de 2019

Entrevista a María José Novo sobre a súa estadía en Dublín

María José Novo comparte con nós a súa experiencia logo da súa estadía en Dublín onde fixo un curso CLIL. Thanks a million, María José!


Institución de acollida: ENGLISH MATTERS
1. Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
2. Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Actividades formativas con clases teóricas e tamén actividades prácticas con recursos para  a miña tarefa docente.
3. Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
O mellor foron os recursos e actividades plantexadas para impartir a miña materia en inglés.
4. Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
Ademáis da formación teórica e práctica é moi enriquecedor compartir experiencias con profesores doutros países europeos que traballan xa con esta medoloxía.
5. Como cres que podería mellorar?
O curso está moi ben plantexado e non teño nada que apuntar.
6. Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Sen dúbida, se a miña formación como docente mellora, eso reflíctese no meu traballo na aula e beneficia os meus alumnos. Ademáis, compartir a miña experiencia cos meus compañeiros é positivo para todos xa que podemos ver as realidades de outros docentes preocupados por mellorar no seu día a día.
7. En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
8. Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
Sí, sen dúbida.
9. Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
10. Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Animarvos a participar porque é unha gran experiencia tanto a nivel profesional como persoal. Enriquece a nosa vida e nos da unha perspectiva distinta do noso traballo docente.


xoves, 14 de novembro de 2019

mércores, 13 de novembro de 2019

A mobilidade de Dublín é noticia!

A prensa faise eco do aproveitamento do curso en Dublín que fixo María José Novo ao longo de 6 días. Grazas ao Xornal Escolar de La Región pola difusión!


Charla informativa sobre Vizela


Logo da súa estadía no Agrupamento de Escolas Infias en Vizela, Portugal, Tamara Silva impartíu unha charla moi amena sobre a súa experiencia aos alumnos de 6º de primaria, que elaboraran o mini proxecto sobre esta vila portuguesa. Con Tamara descubriron as diferenzas entre as aulas portuguesas e as aulas de aquí, como se ensina a educación física e como se motivan aos alumnos para que saquen o máximo partido da súa aprendizaxe e do día a día na escola.





Muito obrigado, Tamara!

sábado, 9 de novembro de 2019

Farewell Dublin!

A estadía CLIL de María José Novo en Dublín chegou a súa fin! Foron unhas xornadas intensas e inspiradoras durante as que coñeceu as vantaxes e os retos do ensino e aprendizaxe integrado de contidos e linguas estranxeiras e compartíu experiencias con profesores de diferentes países europeos.




Como colofón, unha viaxe cultural a un dos lugares máis emblemáticos de Irlanda, o conxunto monacal de Glengalough!





Have a good trip back home, María José!

Looking forward to seeing you!!

venres, 8 de novembro de 2019

5ª xornada en Dublín

Moi interesante o 5º día de María José en Dublín, unha xornada adicada a relexionar e pór en práctica estratexias e técnicas de aprendizaxe colaborativo, un enfoque esencial para un bo funcionamento da metodoloxía AICLE.







Thanks a million, María José!

xoves, 7 de novembro de 2019

4ª xornada en Dublín

O cuarto día de formación en Dublín foi, segundo María José, muy revelador e útil. De forma téorica e práctica, os profesores participantes achegáronse ao concepto de scaffolding (andamiaxe) na metodoloxía CLIL, os diferentes tipos de andamiaxe: de recepción, de transformación e de produción,e como pór en práctica a andamiaxe para que a aprendizaxe integrada de contidos e linguas estranxeiras sexa máis efectiva!









Estamos desexando saber máis!!

mércores, 6 de novembro de 2019

A mobilidade en Dublín hoxe na prensa



3ª xornada en Dublín

Velaquí varias imaxes do terceiro día da estadía de María José Novo en Dublín. Foi unha xornada intensa na que, logo de familiarizarse con varias estratexias CLIL, as puxeron en práctica nun traballo de campo colaborativo sobre un dos lugares máis emblemáticos de Irlanda, Glengalough, o concunto monacal do século VI situado en Wicklow.







Thanks a lot, María José!

martes, 5 de novembro de 2019

2ª xornada en Dublín

Grazas María José por informarnos sobre o segundo día en Dublín. Logo dunha introdución teórica aos principios da metodoloxía AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras) ou CLIL (Content and Language Integrated Learning), os profesores participantes tiveron a oportunidade de intercambiar impresións e experiencias AICLE. 




Pola tarde, un paseo por un Dublín chuvioso pero cheo de encanto en compañía de docentes Italia e Alemaña.



Looking forward to hearing from you about day 3!!

luns, 4 de novembro de 2019

Hi from Dublin!

María José Novo comparte con nós varias imaxes de súa 1ª xornada onte domingo en Dublín. Foi unha acollida exemplar na asistíu a  dúas charlas, unha sobre a cultura irlandesa e outra sobre a metodoloxía AICLE (Aprendizaxe Integrado de Contidos e de Linguas Estranxeiras) que María José preve aplicar nas súas aulas.







Thanks for the update, María José!!
We stay tuned!!

venres, 1 de novembro de 2019

Have a good trip, María José!

A nosa coordinadora de infantil, María José Novo, chegará mañá a Dublín, para participar nun evento formativo dirixido a profesores de centros educativos de toda Europa.


Ao longo de 6 días, María José terá a oportunidade de visitar escolas de Dubín nas que observará clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademáis, recibirá formación sobre a metodoloxía AICLE (en inglés CLIL), que promove o ensino e aprendizaxe de contidos nunha lingua estranxeira..

Esta mobilidade xa está a ter un impacto moi positivo no centro xa que os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria, supervisados por María José Gil, elaboraron un proxecto sobre Irlanda con información útil  e entregáronllo a María José para facilitar a súa estadía nos próximos días.


Have a safe trip, María José! Looking forward to hearing from you!!

xoves, 31 de outubro de 2019

Proxecto sobre Irlanda


A menos de 3 días para que comece a 10ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria, supervisados polos seus titores Tamara, Carlos e María, veñen de completar un fantástico proxecto sobre Irlanda. Alí viaxará o sábado a coordinadora de infantil e directora do coro, María José Novo para participar nunha actividade de formación sobre a metodoloxía AICLE (en inglés CLIL), que promove o ensino e aprendizaxe de contidos nunha lingua estranxeira.









María José terá a oportunidade de visitar centros escolares diferentes partes de Irlanda, exportar e importar boas prácticas e establecer contacto para futuros proxectos de internacionalización. Ademáis, poderá mellorar a súa competencia en inglés para potenciar o plurilingüismo na nosa comunidade escolar e aprender estratexias para integrar o inglés no ensino da música.
Congratulations on your awesome work!