sábado, 30 de setembro de 2017

Postcrossing: Nova postal recibida





A súa procedencia: Novorcherkassk, unha cidade ao suroeste de Rusia, a case 4000 km de distancia! 



Grazas Elena por esta fermosa instantánea dun dos deportes máis populares na rexión: o parapente.


Para saber máis sobre esta cidade rusa, visita o blog do proxecto

martes, 26 de setembro de 2017

Feliz Día Europeo das Linguas!

Hoxe é un día moi especial para o noso proxecto!! Todos os alumnos do colexio celebramos con ilusión o Día Europeo das Linguas, unha iniciativa do Consello de Europa para valorar a diversidade lingüística e cultural do noso continente, ¡hoxe en día fálanse en Europa máis de 200 linguas!



Este é o precioso mural creado por alumnos de infantil e primaria: recolle a palabra COMUNICACIÓN en dez idiomas: castelán, galego, portugués, inglés, italiano, alemán, ruso, rumano e grego! Velaquí un vídeo con varias imaxes do proceso:








En 5º de primaria, ademais, crearon uns minilibros para lembrarse da riqueza cultural que supón o plurilingüismo:





Na ESO tamén celebramos este día con moitas actividades. Os membros do proxecto Ciencia Activa, por exemplo, gravaron este vídeo para desexarnos un feliz día en varios idiomas:


1º  e 2º da ESO exploraron en inglés a lingua de signos:







...E crearon este estupendo vídeo conmemorativo:



4º da ESO levou a cabo unha preciosa actividade, Palabras únicas, que nos recorda que cada lingua reflicte unha cultura e visión do mundo única!



Os Little Historiadores comparten neste vídeo os beneficios de aprender idiomas:




2º da ESO amósanos neste vídeo como dicir "Bos días" en varios idiomas, un saúdo perfecto ao plurilingüismo!!




Resolución provisional de concesión de axudas para a mobilidade do profesorado

Xa está publicada na cortiza Erasmus + da sala de profesores a resolución provisional de concesión de axudas para a mobilidade do profesorado durante este curso 2017-2018.

Contra esta relación provisional os interesados poderán, no prazo de sete días naturais a partir do seguinte ao da súa publicación, presentar reclamación ou emendar o defecto que teña motivado a súa exclusión. No mesmo prazo, poderán tamén presentar renuncia á súa participación no presente procedemento.

venres, 22 de setembro de 2017

Volve Postcrossing!

O proxecto de internacionalización Postcrossing retoma a súa actividade logo de comezar o curso 2017-2018 cunha fermosa postal procedente dos Estados Unidos:



Véndoa non é difícil adiviñar a súa procedencia...trátase da capital do Estado de California, Sacramento, e o monumento amosado é o seu famoso Capitol.




Para saber máis sobre Sacramento, visita o blog do proxecto Postcrossing.

xoves, 21 de setembro de 2017

Reunión con nais e pais

O martes pasado tivo lugar o primeiro encontro coas nais e pais dos alumnos de infantil e primaria durante o que a coordinadora do proxecto, Beatriz Nieto, explicou os beneficios e  o impacto esperado do noso proxecto Erasmus + na comunidade escolar.



Logo desta intervención, a nosa coordinadora, Ángeles Cortés, impartíu unha inspiradora charla sobre o papel clave das familias á hora de procurar unha escola máis inclusiva.




Moitas grazas ás dúas!

mércores, 20 de setembro de 2017

O noso proxecto no Xornal Escolar

Hoxe o Xornal Escolar de La Región faise eco do noso proxecto Erasmus+




Tamén ven de publicar esta reportaxe gráfica do inicio de curso en infantil e primaria no noso colexio.




Grazas pola difusión!

mércores, 13 de setembro de 2017

Estreamos praca!

Así loce a praca Erasmus + na fachada do noso centro. Grazas á profesora Antía Pousa por esta fermosa foto!



venres, 8 de setembro de 2017

Seminario sobre o traballo en equipo

Como actividade inicial do noso proxecto, asistimos a unha inspiradora charla impartida pola nosa orientadora, Ángeles Cortés, acerca dos beneficios do traballo en equipo, algo clave para a mellora da cohesión na comunidade escolar.


Favorecer a creatividade, unir fortalezas, reducir o estrés, aumentar a eficiencia e a productividade son algúns dos moitos beneficios derivados do traballo en equipo; porén, para conseguilos, Ángeles di, é fundamental a confianza, unha boa coordinación e comunicación, a motivación e o compromiso. 





Grazas Ángeles por este semninario, sen dúbida moi útil para o desenvolvemento do proxecto e para o día a día no colexio!

mércores, 6 de setembro de 2017

Convocatoria de axudas para as mobilidades do profesorado

Hoxe damos comezo ao noso proxecto Erasmus + K1 de mobilidade do profesorado para o curso 2017-2018!


De esquerda a dereita: Eva Pousa (secretaria), Beatriz Temes (xefa de estudos), Honorato Losada (director) e Beatriz Nieto (coordinadora programas europeos)


O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá, día 7 de setembro, e remata o 22 de setembro.
Non deixedes de consultar os obxectivos do proxecto e as mobilidades que se levarán a cabo. Tamén podedes ler o folleto con información resumida.