O Xornal Escolar de La Región faise eco da visita Erasmus+ dos profesores de Agrupamento de Escolas de São Bruno, Alexandra, Ana, José e Silvia. Grazas pola difusión!
Blog dos proxectos Erasmus + que se levan a cabo no colexio.
Páxinas
- Inicio
- Benvida
- O noso centro
- O noso proxecto 2017-18
- O noso proxecto 2018-20
- Proxecto DTICEQT 2021-23
- Proxecto IDEFFO 2021-23
- Skills4Inclusion 2022-24
- Southampton
- Turín
- Londres
- Brunswick
- Brighton
- Helsinki
- Karlshamn
- Florencia
- Vizela
- Leeds
- Dublín
- Crema
- Barcelos
- Atenas
- Praga
- París
- Oeiras
- Roma
- PDE
- Entrevistas
- Mini proxectos dos alumnos
- Nos visitan
- Difusión
- Contacto
xoves, 10 de xuño de 2021
xoves, 3 de xuño de 2021
3ª xornada de estadía de observación e despedida
Hoxe foi a terceira e derradeira xornada da estadía de observación de Alexandra, Ana, José e Bruno, profesores do Agrupamento de Escolas Sao Bruno de Caixas, Portugal. De novo, a xornada estivo repleta de actividades: observación de aulas, exposición de proxectos con motivo da VII Semana das Ciencias e unha visita á Aula da Natureza do Concello de Ourense.
Ademais, Jose foi moi amable ao dar unha charla cultural aos alumnos de 3º da ESO sobre Caxias, a vila onde se atopa a súa unidade educativa.
Foi un pracer ter acollido aos catro estes días e agardamos seguir en contacto para poder colaborar en futuros proxectos educativos.
Muito obrigado e boa viagem!
mércores, 2 de xuño de 2021
2ª xornada de estadía de observación
Hoxe foi unha xornada intensa para Alexandra, Ana, José e Silvia, que participaron en un bo número de actividades para coñecer o día a día no centro: unha entrevista coa orientadora sobre a inclusión e o benestar emocional, outra entrevista coa coordinadora de programas europeos sobre xestión de proxectos, participación en aulas de bioloxía, tecnoloxía, lingua e educación física nas que os alumnos lles amosaron os seus traballos.
Silvia, ademais, deu unha charla cultural aos alumnos de 2º de primaria, foi moi interesante e divertida!
E Alexandra impartíu un divertido obradoiro de baile tradicional aos alumnos de 6º e 2º de primaria:
martes, 1 de xuño de 2021
Visita de 4 profesores de Caxias, Portugal
Hoxe demos a benvida a Alexandra, Ana, José e Silvia, profesores da Escola Agrupada Sao Bruno de Caxias, Portugal, que están a facer unha visita de estudos no noso centro grazas ao seu proxecto Erasmus + “As claves do éxito na educación”.
A visita comezou cunha charla de benvida na que tratamos aspectos básicos da organización e do funcionamento do noso colexio, ao que lle seguíu un tour guiado polas dependencias. Ao longo da mañá tiveron a oportunidade de participar en varias actividades, que incluíron observación de aulas de primaria e ESO, unha sesión práctica no laboratorio de ciencias e un obradoiro sobre o uso das ferramentas dixitais no colexio. Grazas aos alumnos de 4º ESO-A e 3º ESO-A por amosarlles os vosos proxectos de investigación que levastes a cabo en historia!
E mesmo Ana deu unha charla sobre a cultura e tradicións do Portugal, muito obrigado, Ana!
Muito obrigado aos catro por
teren escollido o noso colexio. Estamos encantados. Até amanhá!