sábado, 25 de maio de 2024

Días 4 e 5 de estadía de observación en Peniche, Portugal

 Quico Rodríguez, titor de 3 de primaria, comparte connosco a súa experiencia nos días 4 e 5 de estadía de observación no Agrupamento de Escolas Luis de Ataide de Peniche, Portugal.

Nestas últimas xornadas o foco estivo no ensino da morfoloxía de xeito lúdico e no ensino inclusivo da Educación Física con estratexias e técnicas que responden as condicións físicas de todo o alumnado a través de actividades plenamente integradas no entorno. 













mércores, 22 de maio de 2024

Día 3 da estadía de observación en Peniche

 O noso titor de 3 de primaria, Quico Rguez, comparte a súa experiencia no día 3 de estadía de observación no Agrupamento de Escolas Dom Luís de Ataíde de Peniche, Portugal. Ao longo desta xornada, Quico tivo a oportunidade de observar como poñen en prácticas pautas, ferramentas e estratexias de inclusión que permiten axudar a todo o alumnado a minimizar dificultades de aprendizaxe.

Obrigado, Quico!









martes, 21 de maio de 2024

Estadía de observación en Peniche, Portugal

 O noso titor de 3 de primaria, Quico Rguez, comparte a súa experiencia nos primeiros días de estadía de observación no Agrupamento de Escolas Dom Luís de Ataíde de Peniche, Portugal. Logo dunha cálida acollida por parte do equipo directivo, tivo a oportunidade de visitar as dependencias do centro e de observar as diferentes actividades para celebrar o Día do Mar.

Obrigado, Quico!











venres, 10 de maio de 2024

Día 4 da estadía de observación en Roma

 A nosa directora, Beatriz Temes, comparte connosco varias imaxes do último día da estadía de observación no IIS León Batista de Roma durante o que observou unha clase de química, unha sesión informativa sobre orientación profesional e académica e entrevistas co alumnado. 

Buon viaggio, Bea!











mércores, 8 de maio de 2024

Día 3 da estadía de observación en Roma

 Beatriz Temes, a nosa directora, comparte connosco a súa experiencia no día 3 de mobilidade Erasmus en Roma.

  1. Observou unha clase de historia en inglés e unha sesión de física.
  2. Entrevistouse co orientador para intercambiar boas prácticas de inclusión.
  3. Charlou coa vicedirectora acerca da xestión do centro.
  4. Entrevistouse co alumnado para saber as súas fortalezas e debilidades.
Grazie mille!
















Día 2 da estadía de observación en Roma

 Beatriz Temes comparte connosco a súa experiencia durante o segundo día de estadía Erasmus en Roma:

  1. Observación de aulas de física e historia
  2. Entrevistas co profesorado e co alumnado acerca do plan de comunicación interna e externa do centro
  3. Charla coa orientadora sobre as medidas de inclusión educativa.
Grazie mille, Bea! Seguimos atent@s!