Amosando publicacións coa etiqueta euroscola. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta euroscola. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de novembro de 2017

Recordo de Euroscola 2017

Os organizadores de #Euroscola veñen de enviarnos estas dúas imaxes da xornada para escolares no Parlamento Europeo que tivo lugar o pasado 27 de outubro e na que participaron os noso alumnos de 1º e 2º BAC, acompañados polas súas profesoras Beatriz Nieto e Eva Pousa.



sábado, 28 de outubro de 2017

¡Somos europarlamentarios por un día!

Logo de seren premiados na pasada edición do concurso Euroscola, un grupo de 20 alumnos de bacharelato, acompañados pola súa profesora de historia, Beatriz Nieto, e de inglés, Eva Pousa, participaron este viernes nun encontro internacional de estudantes europeos en Estrasburgo.  


Puideron vivir de cerca o que implica o proxecto de integración europea en convertéronse en eurodiputados por un día, participando en debates e na toma de decisións sobre temas de interese xunto coutros xoves de diferentes estados membros da UE. 

Preparados para participar na Eurocámara

Comprobamos como funciona o sistema de votación

Ademáis, tiveron a oportunidade de presentar, en inglés e francés,  o noso colexio, Ourense e Galicia, como parte dun intercambio de coñecementos que reflicte a diversidade dos pobos de Europa y enriquece o diálogo cultural. 

Adriana e Ana presentan o noso cole

Momento da presentación da nosa cidade
Ceremonia de clausura

¡Foi unha experiencia inesquecible!

xoves, 26 de outubro de 2017

¡Rumbo a Estrasburgo!

Alumnos de 1º e 2º de BAC, acompañados polas profesoras Beatriz Nieto e Eva Pousa, están rumbo a Estrasburgo para, mañá venres, representar a Galicia no Parlamento Europeo. Logo de ser premiados no concurso Euroscola 2017poderán vivir de cerca o que implica o proxecto de integración europea, participando en debates sobre temas de interese para a xuventude e compartindo a experiencia coutros rapaces de diferentes Estados membros da UE.



Parabéns, rapaces! Estamos atentos!!

luns, 5 de xuño de 2017

Alumnos de 4º da ESO, gañadores de Euroscola 2017!

Boas novas!

“Fuera Miedos”, o traballo de tres alumnos de 4º da ESO e supervisado pola coordinadora do noso proxecto Erasmus, Beatriz Nieto, ven de ser elixido como gañador autonómico do Concurso Euroscola, unha iniciativa convocada pola Oficina de Información do Parlamento Europeo en España, en colaboración coa Representación en España da Comisión Europea, a Secretaría de Estado para a Unión Europea (Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación) e nesta ocasión coa colaboración especial da Embaixada de Italia.




A finalidade desta convocatoria está en moi estreita relación cun dos catro ámbitos de actuación do noso proxecto Erasmus +, en concreto coa potenciación da dimensión e o sentir europeos xa que Euroscola persegue “reflexionar con los jóvenes sobre el proceso de transformación de la Unión Europea en espacio de libertad, justicia y seguridad a lo largo de estos 60 años; valorar lo que hemos alcanzado y analizar los desafíos actuales”.


Grazas a este premio, os alumnos de 4º da ESO e dous profesores viaxarán o vindeiro 27 de outubro a Estrasburgo para representar a Galicia no Europarlamento.  Todos eles podrán vivir de cerca o que implica o proxecto de integración europea e se convertirán por un día en eurodiputados, participando en debates sobre temas de interese para a xuventude e compartindo a experiencia con outros xoves de diferentes comunidades autónomas y doutros Estados membros da UE. Ademais, presentarán en inglés e francés o colexio e Galicia como parte do intercambio cultural.
De seguro será unha experiencia inesquecible!

Velaquí algunhas imaxes do acto de entrega de premios celebrado hoxe, no que contamos coa presenza de Cecilia Vázquez,directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e de Marisol Díaz, xefa territorial da consellería de cultura, educación e ordenación universitaria.



Ambas felicitaron ao equipo gañador e destacaron a orixinalidade do traballo. “As aspiracións e os valores que defenden e que nos trasladan en apenas un minuto de traballo audiovisual poden e deben ser compartidos por todos os que defendemos unha Europa más inclusiva, máis integradora e máis solidaria, e que eses desexos de valentía e liberdade sexan transmitidos por unha xeración que xa os ten asumidos no seu ADN consegue que miremos o futuro europeo con máis esperanza”, sostivo a directora xeral, que animou a non “baixar a garda para non dar pasos atrás”.

Moitos parabéns!