Boas novas!
“Fuera Miedos”, o traballo de tres alumnos de
4º da ESO e supervisado pola coordinadora do noso proxecto Erasmus, Beatriz
Nieto, ven de ser elixido como gañador autonómico do Concurso Euroscola, unha
iniciativa convocada pola Oficina de Información do Parlamento Europeo en España, en
colaboración coa Representación en España da Comisión Europea, a Secretaría de
Estado para a Unión Europea (Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación) e
nesta ocasión coa colaboración especial da Embaixada de Italia.
A finalidade desta convocatoria está en moi estreita relación
cun dos catro ámbitos de actuación do noso proxecto Erasmus +, en concreto coa
potenciación da dimensión e o sentir europeos xa que Euroscola persegue “reflexionar
con los jóvenes sobre el proceso de
transformación de la Unión Europea en espacio de libertad, justicia y seguridad
a lo largo de estos 60 años; valorar lo que hemos alcanzado y analizar los
desafíos actuales”.
Grazas
a este premio, os alumnos de 4º da ESO e dous profesores viaxarán o vindeiro 27
de outubro a Estrasburgo para representar a Galicia no Europarlamento. Todos eles podrán
vivir de cerca o que implica o proxecto de integración europea e se convertirán
por un día en eurodiputados, participando en debates sobre temas de interese
para a xuventude e compartindo a experiencia con outros xoves de diferentes
comunidades autónomas y doutros Estados membros da UE. Ademais,
presentarán en inglés e francés o colexio e Galicia como parte do
intercambio cultural.
De seguro será unha experiencia inesquecible!
Velaquí algunhas imaxes do acto de entrega de premios celebrado hoxe, no que contamos coa presenza de Cecilia Vázquez,directora xeral de Xuventude,
Participación e Voluntariado, e de Marisol Díaz, xefa territorial da
consellería de cultura, educación e ordenación universitaria.
Ambas felicitaron ao equipo gañador e
destacaron a orixinalidade do traballo. “As aspiracións e os valores que
defenden e que nos trasladan en apenas un minuto de traballo audiovisual poden
e deben ser compartidos por todos os que defendemos unha Europa más inclusiva,
máis integradora e máis solidaria, e que eses desexos de valentía e liberdade
sexan transmitidos por unha xeración que xa os ten asumidos no seu ADN consegue
que miremos o futuro europeo con máis esperanza”, sostivo a directora xeral,
que animou a non “baixar a garda para non dar pasos atrás”.
Moitos parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario