luns, 30 de abril de 2018

1ª xornada en Helsinki

Beatriz Neito ven de compartir varias imaxes do seu primeiro día en Helsinki. Xunto con profesores de diferentes países de Europa reflexionaron e debatiron acerca da importancia da creatividade e do pensamento crítico na educación e realizaron varias actividades para potenciar estas cualidades.






Grazas por compartir, Bea! Estamos atentos!!

domingo, 29 de abril de 2018

sábado, 28 de abril de 2018

Boa viaxe Bea!

Beatriz Nieto viaxará mañá a Helsinki para participar nun evento formativo dirixido a profesores de centros educativos de toda Europa. Ao longo de 5 días, Beatriz terá a oportunidade de visitar escolas de Helsinki nas que observará clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademáis, entrevistaráse con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en Finlandia e no noso país e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.



Boa viaxe, Bea!

venres, 27 de abril de 2018

Mini proxecto sobre Helsinki


A pouco menos dunha semana para que comece a 6ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, a clase de 3º de primaria, supervisada pola teacher Noelia e polo seu titor Quico, ven de completar un fantástico diario de viaxe con información sobre Helsinki, a capital de Finlandia. Alí viaxará o domingo a coordinadora do noso proxecto Erasmus + para participar nun curso de innovación educativa no que poderá familirizarse co sistema educatio finés e visitar varias escolas da cidade.



Velaquí un vídeo onde explican o seu traballo:


Velaquí varias imaxes:







Grazas chicos!! Parabéns!

mércores, 18 de abril de 2018

Alumnos de 1º da ESO difunden o noso proxecto

Moitas grazas aos alumnos de 1º da ESO e aos seus profesores Rosa Pérez e Juan Carlos Garrido por esta reportaxe a Beatriz Nieto sobre o noso proxecto Erasmus +K1 de mobilidade do profesorado. Foi publicada hoxe no Xornal Escolar de La Región.



venres, 13 de abril de 2018

Marabilloso recital para pechar o IATEFL 2018

María José Gil comparte con nós varias imaxes da sesión de peche do 52º Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira en Brighton: un marabilloso recital de poesía da man do poeta güianés John Agard, gañador do Queens Gold Medal. Un peche de ouro para un congreso excepcional!





Para saber máis sobre John Agard, fai clic nesta ligazón (en inglés)
Grazas, María José por compartir connosco todo o vivido durante a mobilidade!! Boa viaxa de volta!!

Obradoiro sobre Mindfulness (atención plena) na educación

Novo e inspirador obradoiro na última xornada de María José Gil no Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira. Da man de Natalia Belousova, María José aprendeu o potencial do Mindfulness ou atención plena para axudar a alumnos e profesores a manexar o estrés, a potenciar a concentración e, polo tanto, a ser máis eficaces á hora de levar a cabo e completar tarefas. 









Con técnicas que van desde o control da respiración, a meditación, a escoita e a reflexión, Mindfulness é toda unha filosofía por descubrir e que investigaremos.
Grazas de novo, María José!


Seminario sobre a preparación do IETLS

María José Gil segue a participar no Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira coa asistencia a un seminario sobre como estratexias e técnicas para preparar ao alumnado para o IELTS (International English Testing System) de nivel B2, un certificado que acredita a competencia en inglés necesaria para facer estudos no estranxeiro ou entrar no mercado laboral internacional.

Grazas, María José! Con ganas de saber máis!!











Teaching Pronunciation Through Singing

María José Gil segue a participar no Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira coa asistencia a un orixinal taller impartido por Ian Raby onde aprendeu o potencial do canto  para ensinar e aprender a pronunciar con precisión, algo que non é nada doado en inglés dadas as grandes diferencias fonéticas co galego e o castelán.
Grazas, María José! Con gañas de saber máis!








xoves, 12 de abril de 2018

O potencial do vídeo como ferramenta educativa


María José Gil segue a súa 3ª xornada no Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira cun obradoiro sobre o potencial do vídeo como ferramenta educativa. Da man da profesor Steve Mann, da Universidade de Warwick, María José comprobou exemplos de usos do vídeo como formato para amosar e explicar contidos pero tamén como ferramenta para levar a cabo proxecto, para dar feedback e para comunicarse.









Os beneficios do "peer-assessment", a co-avaliación entre alumnos

María José Gil segue a súa 3ª xornada no Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira cun fantástico obradoiro sobre os beneficios da avaliación entre o alumnado. Da man da profesora Agnieszka Luczak, María José comprobou a importancia de que os alumnos se dean feedback un saos outros. Se ben a autoavaliación e a avaliación do docente é fundamental, a valoración construtiva dos compañeiros é clave para aprendizaxe: motiva, potencia a reflexión e o progreso e optimiza o tempo e os recursos humanos na aula.




Porén, para que a co-avaliación sexa efectiva, di Agnieszka, é fundamental ter uns obxectivos moi claros e uns criterios sinxelos que axuden aos alumnos a valorar o traballo dos outros. Neste obradoiro María José viu ferramentas reais de co-avaliación entre as que destacan as preguntas reflexivas, checklists, rúbricas sinxelas e sistemas de incentivos que estamos desexando coñecer e pilotar.
Grazas de novo, María José!



Conferencia plenaria sobre a igualdade no acceso á educación


María José Gil comeza a súa 2ª xornada no Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira cunha inspiradora conferencia plenaria de Brita Fernández Schmidt sobre a necesidade de garantir o dereito á educación independentemente do xénero, algo que todavía supón un reto en moitos países do mundo.
Con ampla experiencia docente con mulleres en risco de exclusión social, Brita recordou o valor do coñecemento como instrumento de empoderamento e de transformación e mellora da sociedade.







Grazas de novo, María José, por compartir a túa experiencia!