Amosando publicacións coa etiqueta benvida. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta benvida. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de maio de 2017

Benvida

Benvidos ao blog dos proxectos Erasmus + do CPR Padre Feijoo-Zorelle en Ourense.

De esquerda a dereita: Beatriz Temes (directora), Beatriz Nieto (xefa de estudos), Honorato Losada (titular e antigo director) e Eva Pousa (secretaria)

Que é o programa Erasmus +?


O Erasmus + é un programa europeo que ten a súa orixe no programa Erasmus, iniciado no ano 1987 para  ofrecer a alumnos universitarios a posibilidade de cursar estudos durante un curso académico nunha universidade noutro país membro da UE.


Desde o 2014, o programa ampliou o seu alcance e envergadura para ofrecer oportunidades de formación non só no ámbito universitario, tamén nos ámbitos de educación, formación, xuventude e deporte durante o período 2014-2020. O programa Erasmus + trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademais de axudar aos nosos sistemas de educación, formación e mocidade a proporcionar un ensino e unha aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura.

O programa abrangue diversas posibles accións:
Acción clave 1 – Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe
Acción clave 2 – Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas
Acción clave 3 – Apoio á reforma das políticas
Accións Jean Monnet
Deporte

En España son dúas as organizacións designadas como axencias nacionais para a xestión coordinada do programa Erasmus +: o Servizo Español paraa internacionalización da Educación (SEPIE), para o ámbito da educación e a formación; e a Axencia Nacional Española (ANE).


Que presenza ten o programa Erasmus + no noso centro?

En maio de 2017 o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) publicou o listado de axudas para proxectos Erasmus + Acción Clave K1 de mobilidade do profesorado entre as que figura a dotación de 10.453€ para o noso proxecto: "A educación inclusiva para unha escola do século XXI", que buscou  a mellora da nosa xestión e da nosa calidade para favorecer a cohesión da comunidade escolar, a inclusión como medio para fomentar a diversidade sociocultural e o talento individual; a ampliación das competencias profesionais e lingüísticas da comunidade escolar, e a potenciación da internacionalización e dimensión europea.

Este proxecto Erasmus + tivo unha duración dun curso académico (2017-2018), do 6 de setembro de 2017 ao 5 de setembro de 2018 e constou de sete mobilidades a distintos países europeos: tres mobilidades foron estadías de observación en centros educativos de Alemaña, Italia e Reino Unido dos que o noso profesorado importou boas prácticas de docencia, avaliación, xestión e atención á diversidade e aos que exportou dinámicas e prácticas de traballo do noso propio centro. Asemade, convidaron a cada centro a participar en proxectos plurilingües e interdisciplinares que foron recoñecidos como prácticas educativas innovadoras. As catro mobilidades restantes foron eventos de formación en Reino Unido, Finlandia e Suecia que trataron sobre a xestión educativa, o ensino de idiomas, a innovación metodolóxica e a educación inclusiva, respectivamente.


No bienio 2018-2020, levamos a cabo un 2º proxecto Erasmus + K1 de mobilidade do profesorado, "Impulso á inclusión educativa a través da innovación, o plurilingüismo e a xestión eficaz", que supón unha continuación do 1º proxecto Erasmus + e que o dobra en número de mobilidades:

- 6 estadías de observación en escolas de Portugal (4), República Checa (1) e Italia.
- 2 cursos sobre inclusión educativa en Italia
- 4 cursos de actualización lingüística en inglés en Irlanda (2) e Reino Unido
- 1 congreso sobre ensino do inglés como lingua estranxeira en Reino Unido 
- 1 curso sobre metodoloxía AICLE en Reino Unido
- 1 curso sobre innovación educativa en Filandia

Durante os curso 2021-22 participamos en 2 proxectos Erasmus KA2 de mobilidade do profesorado e alumnado en colaboración con centros de Portugal, Grecia, República Checa e Reino Unido:


No curso 2022-23, puxemos en marcha o proxecto Skills4Inclusion: Camino a la inclusión a través de la mejora de las competencias digitales, la evaluación formativa, la innovación y el plurilingüismo.

En febreiro de 2023, adacamos a Acreditación Erasmus +, un recoñecemento concedido a 500 centros de toda España que proporciona financiación estable ata o ano 2027. Esta acreditación vai permitir a alumnado e profesorado deste centro educativo facer mobilidades a outros países europeos para participar en actividades formativas que lles permitirán mellorar a súa competencia en idiomas, dixital, de participación democrática e conciencia medioambiental así como avanzar xuntos no eido da inclusión e a innovación educativas.