venres, 16 de outubro de 2026

Xornada 3 de Erasmus Days: Árbore de Valores Europeos

 Na terceira xornada dos Erasmus Days, o alumnado de Educación Infantil e ESO participou nunha actividade creativa e colaborativa para dar vida á nosa Árbore dos Valores Europeos.










Esta árbore tan especial, elaborada a partir das pegadas das súas mans, encheuse de follas de cores con palabras e mensaxes que representan algúns dos valores fundamentais da Unión Europea, como o respecto, a igualdade, a solidariedade, a paz, a liberdade e a convivencia.

A través desta iniciativa, o alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre a importancia destes valores e de expresar, dun xeito creativo, o que significan para eles.

 A Árbore dos Valores Europeos xa está exposta no vestíbulo do centro. Animámosvos a achegarvos para contemplala e, sobre todo, para descubrir e ler as mensaxes que o noso alumnado pendurou nas súas pólas.

Unha bonita maneira de seguir celebrando os Erasmus Days e de facer visibles os valores que compartimos! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario