“A
educación inclusiva para unha escola do século XXI” é un proxecto europeo de
mobilidade do profesorado dotado cunha axuda Erasmus + para o curso académico
2017-2018. Este proxecto é froito dunha análise da realidade académica e
sociocultural da nosa comunidade escolar, que permitíu a detección de catro
áreas susceptibles de mellora e incluídas no noso Plan de Desenvolvemento Europeo e suxeridas no título do proxecto.
"Educación
inclusiva" refírese á 1) mellora da xestión e calidade da nosa institución
para favorecer 2) a cohesión da comunidade escolar e así lograr unha inclusión
máis efectiva da diversidade sociocultural e do talento individual. Posuímos xa
unha sólida estrutura de apoio ao profesorado, alumnado e familias que prevemos
mellorar explorando e creando novas redes e acción de apoio mutuo.
“Unha
escola do século XXI” refírese ás dúas áreas restantes: a necesidade de 3)
mellorar as competencias profesionais e lingüísticas do profesorado e de 4)
potenciar a internacionalización e dimensión europea do noso centro. O noso
equipo está altamente capacitado no seu labor docente grazas a un plan anual de
formación continua. Como resultado do mesmo, temos aplicado con éxito un
enfoque metodolóxico baseado na adquisición de competencias clave a través de
tarefas e proxectos e na aprendizaxe integrada de contidos e linguas
estranxeiras (AICLE). Á luz deste enfoque, temos posto en marcha proxectos
interdisciplinares e plurilingües recoñecidos como prácticas innovadoras por
publicacións especializadas. Varios destes proxectos desenvólvense en eTwinning,
unha plataforma europea que xogou un papel esencial na selección de centros colaboradores.
Con
respecto á internacionalización, este proyecto permitiranos afianzar a
cooperación con centros cos que temos colaborado en eTwinning e establecer
contacto con novos centros cos que
cooperar en futuros proxectos. Isto traerá consigo un dobre beneficio:
poderemos importar boas prácticas e exportar las nosas, o que axudará a
mellorar a docencia e a inclusión en el centro e a reforzar o sentido de
pertenenza á Unión Europea, unha unión de países que se caracteriza pola posta
en valor e preservación da súa diversidade y da súa riqueza cultural.
A
selección das actividades de mobilidade está determinada pols 4 áreas de
mellora establecidas. O proxecto terá unha duración dun curso académico e nel
participarán profesores en 7 mobilidades. 3 das mobilidades son estadías de
observación en centros educativos de Alemaña, Italia e Reino Unido. Cada un dos participantes importará boas prácticas de docencia, avaliación, xestión e
atención á diversidade e exportará as nosas. Ademais, convidará a cada centro a
participar no noso proxecto Postcrossing. As 4 mobilidades restantes son cursos
de formación en Reino Unido (2), Finlandia e Suecia que tratan sobre a xestión
educativa, o ensino de idiomas, a innovación metodolóxica e a educación
inclusiva, respectivamente. O proxecto tamén terá un grande impacto en toda a
comunidade escolar e en centros que non participan directamente grazas á
difusión dos logros tanxibles e intanxibles en reuniones informativas,
seminarios, nos medios e por suposto neste blog.
A
continuación inclúese unha relación dos obxectivos específicos por beneficiarios:
Obxectivos para o PROFESORADO:
- Reforzar o seu
papel de guía na aprendizaxe, axudando ao alumnado a ser máis autónomo e
máis responsable no seu traballo diario.
- Consolidar a súa
competencia dixital e potenciar a súa capacidade de innovar a través do
uso das TIC.
- Multiplicar a súa
capacidade de motivar ao alumnado a través da detección de talentos e do
traballo en proxectos colaborativos.
- Renovar o seu
sistema de avaliación con criterios e ferramentas fiables e adecuados.
- Mellorar as súas
competencias nunha ou varias linguas estranxeiras.
- Ampliar a súa rede de aprendizaxe persoal
sendo asimesmo anfitrións do centro en Europa, axentes de apertura e de
modernización.
Obxectivos para o ALUMNADO:
- Ampliar a súa
competencia cultural e a súa curiosidade por coñecer a realidade doutros
países.
- Mellorar a súa autonomía
na aprendizaxe, dotándolle de recursos e estratexias que lle permitan ser
autónomo ao longo da vida.
- Coñecer e sacar
partido a ferramentas TIC para buscar, seleccionar e usar información relevante
para a súa aprendizaxe.
- Estimular a
creatividade e o pensamento crítico como axentes de innovación e progreso.
- Mellorar a súa
competencia en idiomas.
- Aprender a valorar
o seu talento e o dos seus compañeros e a colaborar cun fin común,
desenvolvendo competencias que poderá trasladar a outros ámbitos da súa
vida tales como argumentar, convencer, escoitar, negociar, persuadir e
tomar decisións.
Obxectivos para O CENTRO:
- Reforzar a
cohesión entre todos os membros da comunidade escolar, aumentando a implicación
e o compromiso das familias nos proxectos e eventos do centro e as medidas de atención á diversidade.
- Perfeccionar a
xestión do centro e a estrutura de apoio á comunidade escolar.
- Potenciar a
formación continua do profesorado, a nivel interno e externo, para mellorar as competencias profesionais.
- Adquirir maior
proxección internacional e aumentar a rede de contactos no estranxeiro.
- Construír o noso
propio equipo de formadores de formadores co deseño, oferta e impartición
de cursos, seminarios e obradoiros derivados dos resultados do proxecto.
- Servir de centro
de referencia na nosa provincia (Ourense) para a posta en marcha de
proxectos internacionais á vez que se establece contacto coutros centros e
institucións para maior impacto dos resultados do proxecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario