luns, 6 de febreiro de 2023

Concesión acreditación Erasmus +

 Boas novas!

Logo de 6 cursos académicos con proxectos de innovación e internacionalización Erasmus +, o colexio ven de conseguir a Acreditación Erasmus +, un recoñecemento ao que veñen de optar 500 centros de toda España e que proporciona financiación estable grazas á que levaremos a cabo un plan de mellora a longo plazo (ata o 2027) e que permitirá ao noso alumnado e profesorado facer mobilidades a outros países europeos para mellorar a súa competencia lingüística, dixital, de participación democrática e conciencia medioambiental  así como avanzar no eido da inclusión e a innovación educativas.


Ligazón a resolución

Que é a Acreditación Erasmus +?

A acreditación Erasmus é unha ferramenta para as organizacións de educación e formación profesionais (EFP), educación escolar e educación de persoas adultas que desexan abrirse ao intercambio e a cooperación transfronteirizos. A concesión da acreditación Erasmus confirma que a organización estableceu un plan para executar actividades de mobilidade de alta calidade no marco dunha iniciativa máis ampla de desenvolvemento da súa organización. Este plan denomínase plan Erasmus e é un elemento clave na concesión de acreditación Erasmus.

Cales son os obxectivos da acreditación Erasmus?

1) Reforzar a dimensión europea do ensino e a aprendizaxe

  • fomentando os valores de inclusión e diversidade, tolerancia e participación democrática; 
  • promovendo o coñecemento sobre o patrimonio europeo común e a diversidade;
  • apoiando o desenvolvemento de redes profesionais en toda Europa.
2) Mellorar a calidade do ensino e a aprendizaxe na educación escolar:

  • apoiando o desenvolvemento profesional dos profesores, directores de centros escolares e demais persoal educativo; fomentando o uso de novas tecnoloxías e métodos de ensino innovadores; 
  • mellorando a aprendizaxe de idiomas e a diversidade lingüística nos centros escolares;
  • promovendo o intercambio e a transferencia de mellores prácticas en materia de ensino e desenvolvemento escolar.
3) Contribuír á creación do Espazo Europeo de Educación:

  • desenvolvendo as capacidades dos centros escolares para participar en intercambios e cooperación transfronteirizos e para levar a cabo proxectos de mobilidade de alta calidade; 

  • facendo que a mobilidade educativa sexa unha posibilidade realista para calquera alumno de educación escolar; 

  • fomentando o recoñecemento dos resultados de aprendizaxe obtidos polos alumnos e o persoal educativo durante períodos de mobilidade no estranxeiro.

Para saber máis, fai clic nesta ligazón.


venres, 3 de febreiro de 2023

Xornada de peche do proxecto Erasmus #DTICEQT na USC

Esta mañá tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación da USC a Xornada de peche do proxecto Erasmus KA2 Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching #DTICEQT, no que participamos ao longo de 2 cursos académicos. 




Logo dunha reunión cos representantes dos centros socios (dous colexios galegos, dous británicos e un agrupamento de escolas de Portugal) para intercambiar resultados, o alumnado de 3º da ESO, acompañado pola xefa de estudos, a orientadora e a profesora de inglés, explicaron o seu traballo neste proxecto interdisciplinar e plurilingüe, baseado nun enfoque de resolución de problemas que lles permitíu desenvolver a súa competencia dixital, a creatividade e o espíritu emprendedor.










Ademais, participaron en obradoiros de realidade virtual, creación de podcasts e de emprendemento e foron entrevistados pola TVE acerca da experiencia.










Parabéns a tod@s!