Amosando publicacións coa etiqueta brighton. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta brighton. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de abril de 2018

Marabilloso recital para pechar o IATEFL 2018

María José Gil comparte con nós varias imaxes da sesión de peche do 52º Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira en Brighton: un marabilloso recital de poesía da man do poeta güianés John Agard, gañador do Queens Gold Medal. Un peche de ouro para un congreso excepcional!





Para saber máis sobre John Agard, fai clic nesta ligazón (en inglés)
Grazas, María José por compartir connosco todo o vivido durante a mobilidade!! Boa viaxa de volta!!

Obradoiro sobre Mindfulness (atención plena) na educación

Novo e inspirador obradoiro na última xornada de María José Gil no Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira. Da man de Natalia Belousova, María José aprendeu o potencial do Mindfulness ou atención plena para axudar a alumnos e profesores a manexar o estrés, a potenciar a concentración e, polo tanto, a ser máis eficaces á hora de levar a cabo e completar tarefas. 









Con técnicas que van desde o control da respiración, a meditación, a escoita e a reflexión, Mindfulness é toda unha filosofía por descubrir e que investigaremos.
Grazas de novo, María José!


Seminario sobre a preparación do IETLS

María José Gil segue a participar no Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira coa asistencia a un seminario sobre como estratexias e técnicas para preparar ao alumnado para o IELTS (International English Testing System) de nivel B2, un certificado que acredita a competencia en inglés necesaria para facer estudos no estranxeiro ou entrar no mercado laboral internacional.

Grazas, María José! Con ganas de saber máis!!











Teaching Pronunciation Through Singing

María José Gil segue a participar no Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira coa asistencia a un orixinal taller impartido por Ian Raby onde aprendeu o potencial do canto  para ensinar e aprender a pronunciar con precisión, algo que non é nada doado en inglés dadas as grandes diferencias fonéticas co galego e o castelán.
Grazas, María José! Con gañas de saber máis!








xoves, 12 de abril de 2018

O potencial do vídeo como ferramenta educativa


María José Gil segue a súa 3ª xornada no Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira cun obradoiro sobre o potencial do vídeo como ferramenta educativa. Da man da profesor Steve Mann, da Universidade de Warwick, María José comprobou exemplos de usos do vídeo como formato para amosar e explicar contidos pero tamén como ferramenta para levar a cabo proxecto, para dar feedback e para comunicarse.









Os beneficios do "peer-assessment", a co-avaliación entre alumnos

María José Gil segue a súa 3ª xornada no Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira cun fantástico obradoiro sobre os beneficios da avaliación entre o alumnado. Da man da profesora Agnieszka Luczak, María José comprobou a importancia de que os alumnos se dean feedback un saos outros. Se ben a autoavaliación e a avaliación do docente é fundamental, a valoración construtiva dos compañeiros é clave para aprendizaxe: motiva, potencia a reflexión e o progreso e optimiza o tempo e os recursos humanos na aula.




Porén, para que a co-avaliación sexa efectiva, di Agnieszka, é fundamental ter uns obxectivos moi claros e uns criterios sinxelos que axuden aos alumnos a valorar o traballo dos outros. Neste obradoiro María José viu ferramentas reais de co-avaliación entre as que destacan as preguntas reflexivas, checklists, rúbricas sinxelas e sistemas de incentivos que estamos desexando coñecer e pilotar.
Grazas de novo, María José!



Conferencia plenaria sobre a igualdade no acceso á educación


María José Gil comeza a súa 2ª xornada no Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira cunha inspiradora conferencia plenaria de Brita Fernández Schmidt sobre a necesidade de garantir o dereito á educación independentemente do xénero, algo que todavía supón un reto en moitos países do mundo.
Con ampla experiencia docente con mulleres en risco de exclusión social, Brita recordou o valor do coñecemento como instrumento de empoderamento e de transformación e mellora da sociedade.







Grazas de novo, María José, por compartir a túa experiencia!


mércores, 11 de abril de 2018

Obradoiro sobre o uso da lingua materna na aula de idiomas

María José Gil participou noutro interesante obradoiro impartido por Graham Hall (Universidade de Northumbria) dentro do 52º Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira que se está a celebrar esta semana en Brighton. Nesta ocasión o foco estivo no uso da lingua materna na aula de idiomas: é adecuado usala, cando, como e para que? Todas estas preguntas, di María José, xeraron un fructífero debate cuxas conclusións nos comentará á súa volta.
Grazas, María José! Estamos atentos!!






Charla sobre a comprensión oral

A comprensión oral nunha lingua estranxeira é unha das destrezas máis complexas para moitos alumnos, sobre todo en inglés, dadas as diferencias fonéticas coas nosas linguas. É por iso que María José saíu moi satisfeita da charla de Robin Walker no 52º Congreso Internacional da Asociación de Profesores de Inglés, xa que aprendeu as diferencias entre dous tipos de escoita, independente e dinámica, e o máis importante, que técnicas e estratexias empregar para mellorar a comprensión oral.






Estamos desexando coñecelas, María José!