xoves, 15 de outubro de 2026

Xornada 2 de Erasmus Days: Contacontos en infantil

 Comezamos a xornada dos Erasmus Days dedicada ao alumnado cunha actividade moi especial que reuniu a estudantes de diferentes etapas educativas arredor da lectura e dos valores europeos.

O alumnado de 4º da ESO visitou a aula de 4 anos de Educación Infantil para compartir unha fermosa sesión de contacontos. Nesta ocasión, narráronlles a historia No hay color, un precioso conto que nos convida a descubrir a riqueza da diversidade, a valorar as diferentes identidades e a comprender que as nosas diferenzas nos enriquecen.





Esta actividade permitiunos reflexionar sobre a diversidade, o respecto e a inclusión, valores fundamentais da Unión Europea que tamén forman parte da esencia do programa Erasmus+. A través da lectura e do encontro entre alumnado de distintas idades, fomentamos a convivencia, a empatía e a importancia de aprender uns dos outros.

Foi unha experiencia enriquecedora na que os maiores asumiron o papel de narradores e os máis pequenos gozaron dunha historia chea de significado.

Un fermoso xeito de celebrar os Erasmus Days, tendendo pontes entre etapas educativas e lembrando que a diversidade nos une e nos enriquece.


Ningún comentario:

Publicar un comentario