sábado, 30 de abril de 2022

4ª e última xornada en Atenas

 Beatriz Temes comparte connosco varias imaxes do último día de curso sobre inclusión educativa en Atenas. O tema desta xornada foi a diferenciación: que significa, como detectar as diferentes motivacións e estilos de aprendizaxe e estratexias para adaptar a porgramación e a docencia a estas diferencias.










Grazas, bea e moi boa viaxe de volta!!

venres, 29 de abril de 2022

3ª xornada en Atenas

 No 3º e penúltimo día de curso sobre inclusión educativa en Atenas, Beatriz Temes achegouse a enfoques metodolóxicos que promoven a diversidade ao entender as diferencias como unha oportunidade para o enriquecemento persoal e social. Velaquí varias imaxes da xornada:











xoves, 28 de abril de 2022

2ª xornada en Atenas

 Velaquí varias imaxes do 2º día no curso de inclusión educativa que Beatriz Temes está a facer xunto con profesorado de máis de 5 países distintos. Nesta xornada achegáronse ao concepto de diversidade deste unha perspectiva multidimensional e lograron identificar as barreiras máis comúns no proveso de aprendizaxe. Bea tivo a oportunidade de facer unha exposición sobre o día a día no colexio.









Grazas, Bea! Seguimos atent@s!

mércores, 27 de abril de 2022

1ª xornada en Atenas

 Beatriz Temes comparte con nós varias imaxes do 1º día no curso sobre inclusión educativa en Atenas. Logo de repasar as necesidades educativas especiais desde unha perspectiva de equidade na educación, Bea intercambiu información sobre o enfoque inclusivo con profesoras de Alemaña, Bélxica, Finlandia, Francia, Grecia e Italia.










Grazas, Bea! Estamos desexando saber máis! 

luns, 25 de abril de 2022

Ola desde Atenas!

A nosa directora, Beatriz Temes, xa está en Atenas para levar a cabo xunto con profesores doutros países europeos unha mobilidade de 4 días  sobre inclusión educativa enmarcada no proxecto Erasmus + co CFR de Ourense, "Una Educación inclusiva para la escuela actual"


Antes de dar comezo á actividade, recibíu un agasallo de parte do alumnado e da profe de inglés María Jose Gil, que lle vai axudar a descubrir a riqueza cultural e artística da capital de Grecia; este estupendo reloxo cos lugares máis emblemáticos:




Estamos atent@s, Bea!

venres, 22 de abril de 2022

3ª e última xornada en Praga

 Onte rematou o curso sobre inclusión educativa que María José Novo realizou en Praga. O tema da xornada foi o benestar emocional. A través de tarefas colaborativas, María José foi quen de reflexionar sobre a importancia do benestar emocional de alumnos e profesores para lograr a inclusión e de aprender e intercambiar estratexias e técnicas para promovelo no día a día da escola. Sen dúbida unha experiencia que vai enriquecer o noso plan de benestar emocional.













Boa viaxe de volta, María José!