Onte rematou o curso sobre inclusión educativa que María José Novo realizou en Praga. O tema da xornada foi o benestar emocional. A través de tarefas colaborativas, María José foi quen de reflexionar sobre a importancia do benestar emocional de alumnos e profesores para lograr a inclusión e de aprender e intercambiar estratexias e técnicas para promovelo no día a día da escola. Sen dúbida unha experiencia que vai enriquecer o noso plan de benestar emocional.
Boa viaxe de volta, María José!
Ningún comentario:
Publicar un comentario