Hoxe xoves Beatriz Temes visitou a Loreto Abbey Secondary School Dalkey, un centro privado feminino fundado no ano 1843. Segundo o equipo directivo, a misión do centro non só é garantizar os mellores resultados académicos; o obxectivo último é dotar ás alumnas dunha formación individualizada que lles permita descubrir o(s) seu(s) talentos e explotar o seu potencial.
Blog dos proxectos Erasmus + que se levan a cabo no colexio.
Páxinas
- Inicio
- Benvida
- O noso centro
- O noso proxecto 2017-18
- O noso proxecto 2018-20
- Proxecto DTICEQT 2021-23
- Proxecto IDEFFO 2021-23
- Skills4Inclusion 2022-24
- Southampton
- Turín
- Londres
- Brunswick
- Brighton
- Helsinki
- Karlshamn
- Florencia
- Vizela
- Leeds
- Dublín
- Crema
- Barcelos
- Atenas
- Praga
- París
- Oeiras
- Roma
- PDE
- Entrevistas
- Mini proxectos dos alumnos
- Nos visitan
- Difusión
- Contacto
xoves, 28 de febreiro de 2019
mércores, 27 de febreiro de 2019
3ª xornada en Dublín
María José Novo e Beatriz Temes seguen a manternos informados do seu día a día en Dublín! Hoxe mércores, María José participou nun proxecto para descubrir o patrimonio histórico de Irlanda ao tempo que mellora a súa competencia en inglés. Xa que logo, visitou o Museo Nacional de Irlanda e fixo unha presentación colaborativa dos tesouros que reflicten a historia deste país.
Pola súa parte, Bea visitou unha escola de educación superior e formación profesional en Dublín, o Inchicore College of Further Education and Training Board. Alí, ademáis de entrevistarse co profesorado e o alumnado puido comprobar como poñen en práctica a metodoloxía Aula Invertida ou Flipped Classroom.
Thanks a lot for sharing all this with us! Can't wait to hear about day 4!
martes, 26 de febreiro de 2019
2ª xornada en Dublín
Hoxe foi unha xornada intensa en Dublín. A nosa xefa de estudos, Beatriz Temes, visitou unha escola de educación secundaria, Colaiste Mhuire, situada en Limerick.
Foi unha visita moi inspiradora na que Bea puido observar como aplican con éxito unha metodoloxía baseada na aprendizaxe por proxectos e tarefas significativas que potencian o pensamento crítico, a cooperación e as destrezas comunicativas e lóxica-matemáticas. Ademais, o claustro do profesorado, en formación permanente, está especialmente interesado en dotar ao alumnado de estratexias para ser máis consciente e responsable do seu progreso. Fai clic AQUÍ para saber máis (en inglés).
María José Novo, pola súa parte, mellorou a súa competencia en inglés colaborando con outros docentes á hora de buscar e presentar información acerca da riqueza gastronómica de Irlanda.
Once again, thanks a lot for keeping us informed!!
luns, 25 de febreiro de 2019
1ª xornada en Dublín
Beatriz Temes e María José Novo comparten con nós varias imaxes do seu primeiro día en Dublín.
Para María José foi unha xornada intensa na que aprendeu en colaboración con outros profes os aspectos máis cemblemáticos da cultura irlandesa en xeral de Dublín en particular, un intercambio cultural que culminou coa posta en marcha dun "Treasure Hunt" ou Caza do Tesouro pola cidade.
Para Bea, o primeiro día foi unha toma de contacto con outros compañeiros docentes cos que a partir de mañá terá a oportunidade de observar centros educativos irlandeses. Con este compañeiros intercambiaron experiencias e impresións sobre que observar e como observalo.
Thanks a million for the update!
domingo, 24 de febreiro de 2019
Greetings from Dublin!
Beatriz Temes y María José Novo acaban de chegar a Dublín para participar en dúas mobilidades Erasmus + destinadas a profesores de toda Europa: Bea visitará escolas de primaria e secundaria da cidade e María José fará un curso de actualización lingüística en inglés para profes que queiran mellorar a súa competencia e aplicar a metodoloxía AICLE nas súas aulas.
Estamos atentos!
venres, 22 de febreiro de 2019
Have a good trip, Bea and María José!
A nosa xefa de estudos, Beatriz Temes, e a coordinadora de
infantil, María José Novo, chegarán mañá a Dublín, para participar en dous
eventos formativos dirixidos a profesores de centros educativos de toda Europa.
Ao longo de 5 días, Beatriz terá a oportunidade de
visitar escolas de Dubín nas que observará clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademáis, entrevistaráse
con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e
sociocultural en Irlanda e no noso país e para sentar as bases de futuros
proxectos de colaboración.
Pola súa parte, María José participará nun curso de actualización lingüística en inglés para mellorar a súa competencia e para
potenciar o plurilingüismo na nosa comunidade escolar. Grazas a este curso,
ademais, poderá coñecer a profesores doutros países para intercambiar boas
prácticas educativas e para por en marcha futuros proxectos internacionais de
colaboración intercentros.
Esta mobilidade xa está a ter un impacto moi positivo no
centro xa que os alumnos de 1º da ESO, supervisados por María José Gil, elaboraron un diario de viaxe con información útil sobre Dublín e entregáronllo
a Bea e María para facilitar a súa estadía nos próximos días.
Ademais, María José xa ten posto en marcha un proxecto interdisciplinar sobre Irlanda cos peques de infantil!
Have a good trip! Looking forward to hearing from
you!!
xoves, 21 de febreiro de 2019
Mini proxecto sobre Dublín
A menos de 3 días para que comecen a 3ª e a 4ª
mobilidade do noso proxecto Erasmus +, os alumnos de 1º de ESO, supervisados
pola súa teacher María José, veñen de completar un fantástico proxecto sobre a
capital de Irlanda. A Dublín viaxarán o sábado a xefa de estudos, Beatriz Temes
e a coordinadora de infantil, María José Novo para participar nunha visita de
estudos a centros educativos e nun curso de actualización lingüística en
inglés, respectivamente.
Beatriz terá a oportunidade de visitar centros
escolares de Dublín, exportar e importar boas prácticas e establecer contacto
para futuros proxectos de internacionalización. María José poderá mellorar a
súa competencia en inglés para potenciar o plurilingüismo na nosa comunidade
escolar e coñecerá profesores doutros países para intercambiar boas prácticas
educativas.
Congratulations ESO 1 students on your awesome work!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)