luns, 15 de abril de 2024

Días 1 e 2 da estadía Erasmus en Roma

 Varios alumnos da ESO, acompañados pola nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, e o noso profesor de física e química, Diego Iglesias, están en Roma facendo unha estadía Erasmus no Istituto Comprensivo IIS Leon Batista Alberti.













Foron acollidos polo equipo docente, que lles amosou as dependencias do centro e lles convidou a observar aulas e a participar nun obradoiro de italiano para principiantes.

Xa pola tarde tiveron a oportunidade de visitar lugares emblemáticos da cidade, tales coma o Coliseo, a Piazza Espagna, a Fontana di Trevi o Palazzo de la Civita Italiana, a Via Appia e as Catacumbas.

Grazas por compartir! Estamos atent@s!

Ningún comentario:

Publicar un comentario