xoves, 19 de xullo de 2018

Entrevista a Diego Iglesias sobre a súa estadía en Karlshamn


Diego Iglesias ven de compartir con nós a súa experiencia en Karlshamn, Suecia, logo de participar nun curso de innovación educativa . Non deixes de ler esta entrevista. Grazas, Diego!


Tipo de mobilidade: curso de formación
Institución de acollida: ITC international (Vägaskolan, Karlshamn)
Duración: 5 días
Lugar: Karlshamn, Suecia

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Un curso sobre enfoques innovadores no ensino

Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Seminarios sobre uso das TIC's e outras actividades para poñer en práctica os contidos dos módulos do curso, visita ás instalacións da institución de acollida, presentación por parte de docentes e directivos do centro de acollida do sistema educativo Sueco, asistencia a unha sesión de clase dun curso de verán de inglés para inmigrantes, visita a un museo de ciencias dirixido especialmente aos nenos.

Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
O uso das TIC para a avaliación formativa e sumativa, a gamificación das clases

Como cres que podería mellorar?
Asegurándose de que a mobilidade ten lugar durante o curso regular, permitiría un maior aproveitamento da visita à institución ó poder ver o desenvolvemento das clases de educación secundaria

Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Particularmente poden ser útiles as ferramentas aprendidas para reenfocar a avaliación cara unha máis formativa. A nivel do centro, pode favorecer a internacionalización de proxectos debido ás redes de contactos con profesores e coas institucións de acollida.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio

Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Animaríos porque é unha experiencia construtiva e enriquecedora tanto a nivel persoal como profesional, e un estímulo para a continua formación e mellora da práctica docente.

martes, 3 de xullo de 2018

Greetings from Sweden!

Velaquí varias imaxes que comparte Diego Iglesias, profesor de física e química, da súa primeira xornada en Karlshamn, Suecia. Logo dun seminario sobre as destrezas do século XXI, Diego tivo a oportunidade de visitar un centro escolar nesta cidade e analizar as diferenzas e semellanzas co noso centro.








Grazas, Diego! Estamos atentos!!

domingo, 1 de xullo de 2018

Boa viaxe, Diego!

Diego Iglesias, profesor de física e química, chegará mañá a Karlshamn, Suecia, para participar nun evento formativo dirixido a profesores de centros educativos de toda Europa. Ao longo de 5 días, Diego terá a oportunidade de visitar escolas de Karlshamn nas que observará clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademáis, entrevistaráse con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en Suecia e no noso país e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.

Diego Iglesias e a coordinadora Erasmus +, Beatriz Nieto

Boa viaxe, Diego!