martes, 22 de novembro de 2022

Novo vídeo #DTICEQT: A aprendizaxe baseada na cooperación e na consecución de tarefas

 Non deixedes de ver este vídeo en inglés no que o alumnado de 3º da ESO explica o enfoque metodolóxico empregado na elaboración dun podacst, unha das unidades do proxecto  #DTICEQT.

Grazas por compartir!

venres, 18 de novembro de 2022

Vídeoconferencia #DTICEQT con alumnado de Barcelos

 O alumnado de 3º da ESO comparte este vídeo que amosa o intercambio de experiencias co alumnado do Agrupamento de Escolas de Barcelos, Portugal, un dos socios colaboradores no proxecto Erasmus K226 #DTICEQT (Digital Technology,Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching).

Ao longo da vídeoconferencia, o alumnado compartíu e contrastou o traballo levado a cabo antes, durante e logo da posta en marcha dunha unidade didáctica sobre realidade virtual baseada na indagación, na resolución de problemas e no uso das TIC.

Non deixedes de velo!

xoves, 27 de outubro de 2022

Novo proxecto #DTICEQT "Our favourite writers in English"

  O alumnado de 3º da ESO comparte este vídeo sobre "Our Favourite Writers in English", unha actividade enmarcada no proxecto Erasmus cuxa finalidade é desenvolver competencias transversais a través do uso das novas tecnoloxías.

Ao longo desta actividade foron quen de buscar, crear e compartir información sobre autores de ficción en inglés, desde clásicos como William Shakespeare, Jane Austen ou Charles Dickens ata escritores/as contemporáneos como J.K Rowling, Stephanie Meyer ou Lenore Kandel.

Podes saber máis na súa páxina en Instagram. Grazas e parabéns!

martes, 4 de outubro de 2022

Encontro Erasmus #DTICEQT en Londres

 A nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, e Alberto Blanco, profesor de primaria, están a participar nun encontro de dous días na Woodberry Down Community Primary School en Londres con escolas membros do proxecto Erasmus #DTICEQT coordinado pola Universade de Santiago de Compostela. 


Ao longo de encontro terán a oportunidade de avaliar as actividades levadas a cabo co alumnado e de  planificar a elaboración dunha guía multimedia que permitirá compartir os achádegos e resultados deste proxecto.









Tamén poderán importar boas prácticas desta escola, referencia do ensino primario en Reino Unido.






Estamos atent@s!

martes, 6 de setembro de 2022

Encontro Erasmus #DTICEQT en Londres

Rafael Durán, María José Gil e Felipe Iglesias, profesores de música, inglés e E.F, respectivamente están a participar nun encontro formativo de 2 días na Woodberry Down Community Primary School en Londres con escolas membros do proxecto Erasmus #DTICEQT coordinado pola Universade de Santiago de Compostela. 




Tanto hoxe como mañá terán a oportunidade de intercambiar as actividades levadas a cabo co alumnado durante o curso pasado e de reflexionar sobre os obxectivos, os logros e os retos do proxecto. Fai clic AQUÍ para ver os proxectos completados no noso colexio durante o curso 2021-22.









Have a great stay!


xoves, 16 de xuño de 2022

Exposición arte sobre a mitoloxía grega

Velaquí varias imaxes da exposición dos traballos sobre mitoloxía grega do alumnado de 1º da ESO, enmarcados no proxecto #DTICEQT a través dos que afondaron sobre esta materia ao tempo que puxeron en práctica o seu potencial creativo. Parabéns, rapaces! Podedes ver a expo no vestíbulo.








xoves, 19 de maio de 2022

Nova actividade #DTICEQT: Escape Room para repasar a mitoloxía grega

 Encántanos este escape room no que participou o alumnado de 1º da ESO como parte do proxecto Erasmus + #DTICEQT, unha forma lúdica de achegarse á mitoloxía clásica ao tempo que se activan competencias dixitais e estratéxicas. Parabéns, rapaces!

Queres xogar? Fai clic na imaxe!


luns, 9 de maio de 2022

Nova actividade #DTICEQT: a Arte Románica e a Arte Gótica

 O alumnado de 3º da ESO ven de completar unha actividade enmarcada no proxecto Erasmus + K226 #DTICEQT cuxo resultado é este lapbook sobre os rasgos que nos permiten diferenciar a arte románica da da arte gótica. Podédelo consultar na biblioteca da planta baixa. Velaquí un vídeo que recolle o proceso:










Parabéns, rapaces!

xoves, 5 de maio de 2022

Job shadowing Atenas: Día 3 e último

 Beatriz Nieto e María José Gil viaxaron hoxe a Nea Palatia, unha cidade costeira a 100km de Atenas, acompañadas de Rosa, asesora do CFR de Ourense, e dunha inspectora de educación grega para visitar 3 centros educativos: 2 de secundaria e 1 de primaria.




Ao longo da observación, puideron comprobar porque estes 3 centros son referencia de innovación e inclusión e descubrir que o enfoque metodolóxico é moi similar ao noso. Aprenderon tamén sobre a xestión de recursos humanos e materiais e comparten todas estas imaxes connosco:














Grazas ás dúas! Boa viaxe de volta!!