martes, 30 de maio de 2017

Mapa interactivo

Queres localizar as mobilidades do noso proxecto?
Agora é moi doado grazas a este mapa interactivo creado con Zeemaps!
Só tés que pinchar en cada marcador para saber o nome e o lugar de destino de cada mobilidade. Ademais, podes usar os botóns de zoom (+ ó -) para aumentar ou disminuir o tamaño.
Agardamos vos guste!

xoves, 25 de maio de 2017

O noso proxecto


“A educación inclusiva para unha escola do século XXI” é un proxecto europeo de mobilidade do profesorado dotado cunha axuda Erasmus + para o curso académico 2017-2018. Este proxecto é froito dunha análise da realidade académica e sociocultural da nosa comunidade escolar, que permitíu a detección de catro áreas susceptibles de mellora e incluídas no noso Plan de Desenvolvemento Europeo e suxeridas no título do proxecto.
"Educación inclusiva" refírese á 1) mellora da xestión e calidade da nosa institución para favorecer 2) a cohesión da comunidade escolar e así lograr unha inclusión máis efectiva da diversidade sociocultural e do talento individual. Posuímos xa unha sólida estrutura de apoio ao profesorado, alumnado e familias que prevemos mellorar explorando e creando novas redes e acción de apoio mutuo.
“Unha escola do século XXI” refírese ás dúas áreas restantes: a necesidade de 3) mellorar as competencias profesionais e lingüísticas do profesorado e de 4) potenciar a internacionalización e dimensión europea do noso centro. O noso equipo está altamente capacitado no seu labor docente grazas a un plan anual de formación continua. Como resultado do mesmo, temos aplicado con éxito un enfoque metodolóxico baseado na adquisición de competencias clave a través de tarefas e proxectos e na aprendizaxe integrada de contidos e linguas estranxeiras (AICLE). Á luz deste enfoque, temos posto en marcha proxectos interdisciplinares e plurilingües recoñecidos como prácticas innovadoras por publicacións especializadas. Varios destes proxectos desenvólvense en eTwinning, unha plataforma europea que xogou un papel esencial na selección de centros colaboradores.
Con respecto á internacionalización, este proyecto permitiranos afianzar a cooperación con centros cos que temos colaborado en eTwinning e establecer contacto con novos centros cos  que cooperar en futuros proxectos. Isto traerá consigo un dobre beneficio: poderemos importar boas prácticas e exportar las nosas, o que axudará a mellorar a docencia e a inclusión en el centro e a reforzar o sentido de pertenenza á Unión Europea, unha unión de países que se caracteriza pola posta en valor e preservación da súa diversidade y da súa riqueza cultural.
A selección das actividades de mobilidade está determinada pols 4 áreas de mellora establecidas. O proxecto terá unha duración dun curso académico e nel participarán profesores en 7 mobilidades. 3 das mobilidades son estadías de observación en centros educativos de Alemaña, Italia e Reino Unido. Cada un dos participantes importará boas prácticas de docencia, avaliación, xestión e atención á diversidade e exportará as nosas. Ademais, convidará a cada centro a participar no noso proxecto Postcrossing. As 4 mobilidades restantes son cursos de formación en Reino Unido (2), Finlandia e Suecia que tratan sobre a xestión educativa, o ensino de idiomas, a innovación metodolóxica e a educación inclusiva, respectivamente. O proxecto tamén terá un grande impacto en toda a comunidade escolar e en centros que non participan directamente grazas á difusión dos logros tanxibles e intanxibles en reuniones informativas, seminarios, nos medios e por suposto neste blog.

A continuación inclúese unha relación dos obxectivos específicos por beneficiarios:

Obxectivos para o PROFESORADO:

  • Reforzar o seu papel de guía na aprendizaxe, axudando ao alumnado a ser máis autónomo e máis responsable no seu traballo diario.
  • Consolidar a súa competencia dixital e potenciar a súa capacidade de innovar a través do uso das TIC.
  • Multiplicar a súa capacidade de motivar ao alumnado a través da detección de talentos e do traballo en proxectos colaborativos.
  • Renovar o seu sistema de avaliación con criterios e ferramentas fiables e adecuados.
  • Mellorar as súas competencias nunha ou varias linguas estranxeiras.
  •  Ampliar a súa rede de aprendizaxe persoal sendo asimesmo anfitrións do centro en Europa, axentes de apertura e de modernización.
Obxectivos para o ALUMNADO:

  • Ampliar a súa competencia cultural e a súa curiosidade por coñecer a realidade doutros países.
  • Mellorar a súa autonomía na aprendizaxe, dotándolle de recursos e estratexias que lle permitan ser autónomo ao longo da vida.
  • Coñecer e sacar partido a ferramentas TIC para buscar, seleccionar e usar información relevante para a súa aprendizaxe.
  • Estimular a creatividade e o pensamento crítico como axentes de innovación e progreso.
  • Mellorar a súa competencia en idiomas.
  • Aprender a valorar o seu talento e o dos seus compañeros e a colaborar cun fin común, desenvolvendo competencias que poderá trasladar a outros ámbitos da súa vida tales como argumentar, convencer, escoitar, negociar, persuadir e tomar decisións.
Obxectivos para O CENTRO:

  • Reforzar a cohesión entre todos os membros da comunidade escolar, aumentando a implicación e o compromiso das familias nos proxectos e eventos do centro e as  medidas de atención á diversidade.
  • Perfeccionar a xestión do centro e a estrutura de apoio á comunidade escolar.
  • Potenciar a formación continua do profesorado, a nivel interno e externo, para  mellorar as competencias profesionais.
  • Adquirir maior proxección internacional e aumentar a rede de contactos no estranxeiro.
  • Construír o noso propio equipo de formadores de formadores co deseño, oferta e impartición de cursos, seminarios e obradoiros derivados dos resultados do proxecto.
  • Servir de centro de referencia na nosa provincia (Ourense) para a posta en marcha de proxectos internacionais á vez que se establece contacto coutros centros e institucións para maior impacto dos resultados do proxecto.

martes, 23 de maio de 2017

luns, 22 de maio de 2017

Benvida

Benvidos ao blog dos proxectos Erasmus + do CPR Padre Feijoo-Zorelle en Ourense.

De esquerda a dereita: Beatriz Temes (directora), Beatriz Nieto (xefa de estudos), Honorato Losada (titular e antigo director) e Eva Pousa (secretaria)

Que é o programa Erasmus +?


O Erasmus + é un programa europeo que ten a súa orixe no programa Erasmus, iniciado no ano 1987 para  ofrecer a alumnos universitarios a posibilidade de cursar estudos durante un curso académico nunha universidade noutro país membro da UE.


Desde o 2014, o programa ampliou o seu alcance e envergadura para ofrecer oportunidades de formación non só no ámbito universitario, tamén nos ámbitos de educación, formación, xuventude e deporte durante o período 2014-2020. O programa Erasmus + trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademais de axudar aos nosos sistemas de educación, formación e mocidade a proporcionar un ensino e unha aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura.

O programa abrangue diversas posibles accións:
Acción clave 1 – Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe
Acción clave 2 – Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas
Acción clave 3 – Apoio á reforma das políticas
Accións Jean Monnet
Deporte

En España son dúas as organizacións designadas como axencias nacionais para a xestión coordinada do programa Erasmus +: o Servizo Español paraa internacionalización da Educación (SEPIE), para o ámbito da educación e a formación; e a Axencia Nacional Española (ANE).


Que presenza ten o programa Erasmus + no noso centro?

En maio de 2017 o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) publicou o listado de axudas para proxectos Erasmus + Acción Clave K1 de mobilidade do profesorado entre as que figura a dotación de 10.453€ para o noso proxecto: "A educación inclusiva para unha escola do século XXI", que buscou  a mellora da nosa xestión e da nosa calidade para favorecer a cohesión da comunidade escolar, a inclusión como medio para fomentar a diversidade sociocultural e o talento individual; a ampliación das competencias profesionais e lingüísticas da comunidade escolar, e a potenciación da internacionalización e dimensión europea.

Este proxecto Erasmus + tivo unha duración dun curso académico (2017-2018), do 6 de setembro de 2017 ao 5 de setembro de 2018 e constou de sete mobilidades a distintos países europeos: tres mobilidades foron estadías de observación en centros educativos de Alemaña, Italia e Reino Unido dos que o noso profesorado importou boas prácticas de docencia, avaliación, xestión e atención á diversidade e aos que exportou dinámicas e prácticas de traballo do noso propio centro. Asemade, convidaron a cada centro a participar en proxectos plurilingües e interdisciplinares que foron recoñecidos como prácticas educativas innovadoras. As catro mobilidades restantes foron eventos de formación en Reino Unido, Finlandia e Suecia que trataron sobre a xestión educativa, o ensino de idiomas, a innovación metodolóxica e a educación inclusiva, respectivamente.


No bienio 2018-2020, levamos a cabo un 2º proxecto Erasmus + K1 de mobilidade do profesorado, "Impulso á inclusión educativa a través da innovación, o plurilingüismo e a xestión eficaz", que supón unha continuación do 1º proxecto Erasmus + e que o dobra en número de mobilidades:

- 6 estadías de observación en escolas de Portugal (4), República Checa (1) e Italia.
- 2 cursos sobre inclusión educativa en Italia
- 4 cursos de actualización lingüística en inglés en Irlanda (2) e Reino Unido
- 1 congreso sobre ensino do inglés como lingua estranxeira en Reino Unido 
- 1 curso sobre metodoloxía AICLE en Reino Unido
- 1 curso sobre innovación educativa en Filandia

Durante os curso 2021-22 participamos en 2 proxectos Erasmus KA2 de mobilidade do profesorado e alumnado en colaboración con centros de Portugal, Grecia, República Checa e Reino Unido:


No curso 2022-23, puxemos en marcha o proxecto Skills4Inclusion: Camino a la inclusión a través de la mejora de las competencias digitales, la evaluación formativa, la innovación y el plurilingüismo.

En febreiro de 2023, adacamos a Acreditación Erasmus +, un recoñecemento concedido a 500 centros de toda España que proporciona financiación estable ata o ano 2027. Esta acreditación vai permitir a alumnado e profesorado deste centro educativo facer mobilidades a outros países europeos para participar en actividades formativas que lles permitirán mellorar a súa competencia en idiomas, dixital, de participación democrática e conciencia medioambiental así como avanzar xuntos no eido da inclusión e a innovación educativas.