venres, 20 de marzo de 2020

Entrevista a Beatriz Temes sobre a súa estadía en Brunswick

Beatriz Temes comparte con nós a súa experiencia en Brunswick, Alemania, logo de facer unha estadía de observación na RealSchüle George-Eckert. Danke schön, Bea!


Institución de acollida: Realschule Georg-Eckert-StraBe (Braunschweig)

1. Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Na observación durante unha semana da actividade escolar asistindo a vinte sesións de diferentes materias e integrándome no día a día do centro.

2. Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Asistir a clase de inglés, alemán, robótica, física e bioloxía. Observación da vida cotiá na escola. Participar co coro do profesorado. Colaborar ca profesora na materia de bioloxía.

3. Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Os de bioloxía e as aproximacións metodolóxicas que empregan.

4. Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
A realización profesional e persoal e tamén a mellora de miña competencia en inglés xa que esta foi a lingua vehicular ao longo da miña estadía.

5. Como cres que podería mellorar?
Adquirindo máis destrezas en inglés; agardo acadar o nivel C1 para sacarlle máis partido a este tipo de experiencias.

6. Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Transmitir e compartir experiencias e ideas, así como participar en futuros proxectos colaborativos.

7. En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio

8. Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
SI

9. Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto

10. Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Que non o dubiden!!!

venres, 13 de marzo de 2020

Bis bald, Brunswick!

A mobilidade de Bea Temes en Brusnwick chegou a súa fin. Foron 5 días intensos de observación de aulas, impartición de sesións e de intercambio de experiencias. Grazas ao director da Realschüle George-Eckert e ás profesoras Nicole e Simone por unha acollida execpional.
Boa viaxe de volta, Bea!






4ª xornada en Brunswick

Grazas Bea por compartir a túa experiencia no 4º día de estadía na RealSchule George Eckert! Nesta ocasión, Bea observou aulas de historia e bioloxía nas que, logo dunha exposición de contidos, integraron a gamificación para facilitar a consolidación dos mesmos de forma amena e significativa.








Bea tamén tivo a oportunidade de visitar o laboratorio de bioloxía e ver o seu equipamento e a xestión das sesións prácticas.






xoves, 12 de marzo de 2020

3ª xornada en Brunswick

Beatriz Temes segue a compartir connosco a súa experiencia na Realschule George-Eckert en Brunswick. Onte foi unha xornada especial; ademais de observar aulas de inglés, nutrición e bioloxía, tivo a oportunidade de impartir con éxito unha sesión en inglés de xenética. Parabéns, Bea!






Para pechar o día, participou nun tour guiado por Brunswick no que os alumnos de inglés de Simone, profesora que visitounos o curso pasado, lle amosaron os lugares de interés da súa cidade.





martes, 10 de marzo de 2020

2ª xornada en Brunswick

Bea Temes comparte con nós varias imaxes do 2º día na Realschule George-Eckert, unha xornada intensa na que puido asistir a clases de inglés, fisica e matemáticas e comprobar in situ diferentes formas de xestionar as sesións con recursos e actividades diversas, avaliar e agrupar aos alumnos.








Danke, Bea! Estamos desexando saber máis!

Entrevista a Quico Rodríguez sobre a súa estadía en Dublín

Quico Rguez. ven de compartir con nós a súa experiencia en Dublín logo de facer un curso de actualización lingüística para o profesorado. Thanks a lot, Quico!!


Institución de acollida: English Matters
1. Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Participar nun curso de inglés B1 para profes europeos
2. Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Actividades para a mellora da fala, escoita, comprensión e expresión escrita en inglés para ser un usuario independente nun país de fala inglesa.
3. Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Os que incentivaron a posta en practica do inglés como os proxectos de investigación en grupo.
4. Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
A posta en práctica do idioma a interactuar con docentes doutros paises.
5. Como cres que podería mellorar?
Aumentando os días de estadía.
6. Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Un impacto positivo para a realización de actividades en inglés referidas a Irlanda.
7. En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
8. Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
SI POR SUPOSTO. CONSIDERO QUE É MOI INTERESANTE
9. Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
10. Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Que se animen; é un antes e un despois na nosa formación!

Hallo aus Branschweig!

A nosa xefa de estudos, Bea Temes, xa está en Brunswick na estadía de observación na Realschule George-Eckert. Logo de ser recibida polo director e polas profesoras Nicole e Simone, visitou as dependencias do centro, observou clases de francés, química e bioloxía e colaborou na impartición desta última; sen dúbida una xornada intensa con moitas impresións e información que compartiá á volta con nós.







Danke schön, Bea!

sábado, 7 de marzo de 2020

Gute reise, Bea!

A nosa xefa de estudos, Beatriz Temes, viaxará mañá a Brunskwick, a segunda ciudade da Baixa Saxonia en Alemaña para participar nunha estadía de observación nun instituto de educación secundaria, a RealSchule George-Eckert, un centro de referencia polas súas medidas de atención á diversidade e polos seus programas de mediación educativa.







Ao longo de 5 días, Beatriz terá a oportunidade de observar clases reais para analizar o enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademáis, entrevistarase con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en ambos centros e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.

Gute reise, Bea!


venres, 6 de marzo de 2020

Proxecto sobre Brunswick

A menos de tres días para que comece a 13ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, os alumnos de 4º da ESO, supervisados por Diego Iglesias, veñen de completar un fantástico proxecto sobre Brunswick, a cidade alemá á que viaxará a nosa xefa de estudos para facer unha estadía na Realschule George  Eckert. 





Con moito enxeño, deseñaron unha caza do tesouro para que Beatriz Temes poida descubrir a información máis relevante da cultura e tradicións desta cidade, todo un exemplo de como gamificar a aprendizaxe.
Parabéns, rapaces!

Formación impartida por Beatriz Temes no CFR de Ourense

Onte pola tarde Beatriz Temes impartíu un obradoiro no CFR de Ourense a profesores de diferentes centros da provincia acerca de como sacarlle partido a ferramentas online para potenciar non só a competencia dixital senón también competencias clave do noso proxecto e, por extensión, do noso PDE: a autonomía, a cooperación, o plurilingüismo e a innovación.






Tomando como partida o ben coñecido proxecto, Ciencia Activa, Beatriz amosou ferramentas, estratéxicas e técnicas que emprega cos seus alumnos para facelos protagonistas da súa aprendizaxe, que se torna, a súa vez, en máis significativa e permanente. E os docentes participantes, puideron aplicalo e resolver dúbidas!




Grazas, Bea!
Outro bo exemplo de sostibilidade do noso proxecto!