xoves, 31 de outubro de 2019

Proxecto sobre Irlanda


A menos de 3 días para que comece a 10ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria, supervisados polos seus titores Tamara, Carlos e María, veñen de completar un fantástico proxecto sobre Irlanda. Alí viaxará o sábado a coordinadora de infantil e directora do coro, María José Novo para participar nunha actividade de formación sobre a metodoloxía AICLE (en inglés CLIL), que promove o ensino e aprendizaxe de contidos nunha lingua estranxeira.









María José terá a oportunidade de visitar centros escolares diferentes partes de Irlanda, exportar e importar boas prácticas e establecer contacto para futuros proxectos de internacionalización. Ademáis, poderá mellorar a súa competencia en inglés para potenciar o plurilingüismo na nosa comunidade escolar e aprender estratexias para integrar o inglés no ensino da música.
Congratulations on your awesome work!




luns, 28 de outubro de 2019

Entrevista a Tamara Silva sobre a súa estadía en Vizela

Logo da súa estadía en Vizela, Portugal, Tamara Silva comparte con nós a súa experiencia logo de visitar o Agrupamento de Escolas Infías. Obrigado, Tamara!


Institución de acollida: Basic and Secondary School Infias
1. Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Observacion das sesións de Educacion Física na procura de novas metodoloxías ou propostas de mellora.
2. Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Actividades de observación nas aulas e posta en práctica de algunha sesión de educación física.
3. Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Contidos de danza e de organizacion das sesions (temporalizacion) de educacion fisica.
4. Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
A intrarelación con outros docentes da miña área e poder formar parte da marcha doutro centro docente diferente e moito maior.
5. Como cres que podería mellorar?
Maior comunicación previa coa coordinadora da escola en Vizela antes da mobilidade.
6. Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
O impacto consistirá na explicación da miña experiencia aos meus compañeiros onde poden observar as diferenzas con respecto ao noso sistema e as diferenzas metolóxicas esistentes para posibles modificacions ou posta en práctica se o desexan.
7. En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
8. Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
9. Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
10. Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Que é unha experiencia única, moi enriquecedora e satisfactoria.

venres, 25 de outubro de 2019

xoves, 24 de outubro de 2019

4º xornada en Vizela

Grazas Tamara por compartir cos peques de 5 anos a túa experiencia en Vizela e por amosarlles a cultura e tradicións do país veciño.




Para saber máis, visita o blog de 5 anos.

mércores, 23 de outubro de 2019

3ª xornada en Vizela

Logo dunha intensa xornada de observación de aulas de Educación Física no Agrupamento de Escolas Infias en Vizela, Tamara comparte a súa experiencia: familiarizouse con estratexias para aplicar o enfoque AICLE no ensino e aprendizaxe desta materia e comprobou in situ as vantaxes da danza na educación escolar, un arte que pode axudar a promover a autoconfianza, a socialización, a disciplina e o manexo da frustación.





Obrigado, Tamara!

martes, 22 de outubro de 2019

2ª xornada en Vizela

Tamara comparte connosco a súa experiencia  no segundo día no Agrupamento de Escolas Infias en Vizela. Foi unha xornada de observación de aulas de Educación Física das que Tamara destaca as vantaxes a nivel físico e mental dos xogos populares e técnicas de integración de hixiene física e mental. Estamos desexando saber máis.






Obrigado Tamara!

luns, 21 de outubro de 2019

Saudações de Vizela


Tamara comparte connosco varias imaxes da súa primeira xornada no Agrupamento de Escolas Infias de Vizela: logo de ser recibidas polo equipo directivo, intercambiou información e impresións coa coordinadora de programas internacionais do agrupamento e visitaron as dependencias dos centros. 




Tamén tivo a oportunidade de levar a cabo un obradoiro de baile tradicional galego no que afondaron nas semellanzas e diferenzas coa tradición lusa. En breve, enviará información desta actividade e do seu día a día na escola.


Obrigado pelo update, Tamara!

venres, 18 de outubro de 2019

Boa viagem, Tamara!

Tamara Silva viaxa o domingo a Vizela, no norte de Portugal para participar nunha estadía de observación no Agrupamento de Escolas Infias de Vizela.


Ao longo de 5 días, Tamara terá a oportunidade de observar clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademais, entrevistarase con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en Portugal e no noso país e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.
Boa viagem!!

martes, 1 de outubro de 2019

Os nosos embaixadores viaxan a Bruxelas!

Boas novas!
Os nosos alumnos embaixadores do Parlamento Europeo viaxarán a Bruxelas en novembro para visitar a sede desta institución como premio o seu labor ao longo de dous cursos académicos!




Mañá ás 17:45 horas teremos unha reunión coas familias para informar sobre as condicións da viaxe e os criterios de elixibilidade. A asistencia non é obrigatoria pero sí moi recomendable.

Podes atopar información detallada neste documento.
Parabéns, embaixadores!!