Amosando publicacións coa etiqueta Oeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Oeiras. Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de xuño de 2023

DE VISITA NA ESCOLA DE SÃO BRUNO

Na terceira xornada da súa estadía de observación en Portugal, a profe Laura visitou a escola de São Bruno onde pasou a mañá na aula STEM entre os proxectos que desenvolveron este curso e os que están desenvolvendo agora mesmo. Trátase dunha horta multisensorial ou como como eles a denominan " estación meteorolóxica" que conta con vario sensores para medir a temperatura, presión atmosférica, humidade do solo e a luz. Ademais, os alumnos empregan a impresora 3D para deseñar os cartaces da horta.













Obrigado, Laura! 

martes, 30 de maio de 2023

2ª xornada en Oeiras

Velaquí varias imaxes da 2ª xornada da profe Laura en Oeiras, na que visitou a parque temático Lourinhã Dino Park ubicado en Lourinhã como mester acompañante. Grazas a esta actividade, Laura puido coñecer de primeira man cómo se organizan as saídas didácticas con alumnado NEAE e a importancia que estas teñen para desenvolver as habilidades e relacións sociais.





Moitas grazas Laura por compartir a túa experiencia con nós!

luns, 29 de maio de 2023

1ª xornada da profe Laura en Oeiras

A titora de 4º de Primaria e mestra especialista en Audión e Linguaxe, Laura, comparte con nós varias imaxes da súa primeira xornada en Oeiras, Portugal, onde está a realizar unha estadía de observación no Agrupamento de  Escolas de Sao Bruno.



Hoxe foi un día intenso no que Laura coñeceu ó equipo do departamento de orientación. Tivo a oportunidade de descubrir con qué documentación traballan e cómo funciona a Educación Especial. Ademais, expuxéronlle os graos de concrecións curriculares que teñen e os casos máis relevantes. Todo foi moi interesante! 

Despois, Laura visitou o “jardim de infancia”, onde tivo a oportunidade de falar coa titora, quen lle explicou que traballan coa metodoloxía Montessori, e con dúas das tres terapeutas da fala que traballan neste agrupamento de escolas.






Grazas Laura por compartir a túa primeira xornada con nós e as túas palabras para describir esta estadía de observación: "Es una experiencia muy enriquecedora, han sido todos muy amables y dispuestos a enseñarme su metodología de trabajo."