luns, 29 de maio de 2023

1ª xornada da profe Laura en Oeiras

A titora de 4º de Primaria e mestra especialista en Audión e Linguaxe, Laura, comparte con nós varias imaxes da súa primeira xornada en Oeiras, Portugal, onde está a realizar unha estadía de observación no Agrupamento de  Escolas de Sao Bruno.



Hoxe foi un día intenso no que Laura coñeceu ó equipo do departamento de orientación. Tivo a oportunidade de descubrir con qué documentación traballan e cómo funciona a Educación Especial. Ademais, expuxéronlle os graos de concrecións curriculares que teñen e os casos máis relevantes. Todo foi moi interesante! 

Despois, Laura visitou o “jardim de infancia”, onde tivo a oportunidade de falar coa titora, quen lle explicou que traballan coa metodoloxía Montessori, e con dúas das tres terapeutas da fala que traballan neste agrupamento de escolas.






Grazas Laura por compartir a túa primeira xornada con nós e as túas palabras para describir esta estadía de observación: "Es una experiencia muy enriquecedora, han sido todos muy amables y dispuestos a enseñarme su metodología de trabajo."

Ningún comentario:

Publicar un comentario