martes, 9 de maio de 2023

SEGUNDA XORNADA DOS NOSOS ESTUDANTES EN PORTUGAL

A piques de rematar o día, recibimos imaxes da interesantísima e motivadora xornada de hoxe dos nosos estudantes no Agrupamento de escolas de Barcelos na que traballaron con robots. Ó remate da mañá foron quen de programar robots para que seguindo instrucións se movesen. Seguro que desfrutaron a aprenderon moito!







Despois do xantar, subiron ó autobús con destino Braga para visitar o mosteiro de Bom Jesus coas súas grutas, a catedral de Braga, o Jardim de Santa Bárbara, o castelo de Braga e a Torre da homenaxe.






Danos moita alegría saber que estades a desfrutar esta experiencia moito! Agora a descansar e a pola terceira xornada en Barcelos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario