mércores, 10 de maio de 2023

DE VISITA POR OPORTO CON ESTUDANTES ROMANESES

Os nosos estudantes de 3º ESO seguen a desfrutar da súa experiencia Erasmus+ por terras portuguesas. Na xornada de hoxe visitaron a cidade de Oporto xunto cun grupo de estudantes de Romanía! 


Pola mañá visitaron lugares emblemáticos coma a Ponte de Don Luis I,  a estación de tren de Sao Bento, o maxestuoso Palacio da Bolsa, o mercado do Bolhao e fixeron un tour pola cidade. 





Despois do xantar, percorreron o río Douro en barco, desde onde desfrutaron das vista da Ribeira e das impresionantes pontes sobre este río que une España e Portugal. Remataron a xornada cun paseo por Gaia onde viron o teleférico.







Grazas por compartir a vosa estadía en Portugal con nós! Aproveitádea moito!

Ningún comentario:

Publicar un comentario