A profe Laura, de estadía de observación en Oeiras (Portugal) comparte con nós varias imaxes da xornada de hoxe na que visitou dúas escolas de Educación Primaria do Agrupamento de Saõ Bruno: Escola Samuel Johnson e Escola Visconde de Leceia.
Laura percorreu as instalacións da Escola Samuel Johnson e compartiu parte da mañá coas mestras e alumnos de 3º EP, quen lle ensinaron como empregan a impresora 3D, e de 4º EP observando o traballo da mestra auxiliar con alumnado NEAE.
Na Escola Visconde de Leceia asistiu a unha sesión cunha alumna con dislexia e entrevistouse coas dúas terapeutas da fala do centro sobre o seu traballo.
¡Moitas grazas, Laura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario