venres, 28 de setembro de 2018

Charla sobre a cultura sueca

Logo da súa mobilidade en Karlshamn, Diego Iglesias impartíu unha charla aos alumnos que lle entregaran un dossier sobre Suecia antes da súa viaxe. A través dunha bonita historia, Diego contoulles os rasgos máis característicos da cultura sueca, as similitudes entre as linguas sueca e danesa e presentoulles a Ponte de Oresund, que conecta Copenhague, a capital danesa, con Mälmo, unha cidade ao sur de Suecia, como emblema da unión entre países.





Moitas grazas Diego por unha charla excepcional!

luns, 24 de setembro de 2018

Charla informativa sobre o curso de innovación educativa en Suecia

Como lembraredes, Diego Iglesias, profesor de física e química, participou en xullo nun curso sobre innovación educativa en Karlshamn, unha cidade ao sur de Suecia. A semana pasada compartíu a súa experiencia co claustro de profesores nunha fantástica charla na que puidemos coñecer as perspectivas metodolóxicas máis actuais e debater acerca dos retos que supón a súa aplicación.



Diego fixo unha aproximación ás competencias do século XXI, explicou os beneficios do ensino e a aprendizaxe baseados na indagación, insistíu na importancia da avaliación formativa e aclarou o que supón empregar a gamificación na aula.







Grazas Diego por unha charla expecional!

xoves, 6 de setembro de 2018

Convocatoria de axudas para a mobilidade do profesorado 2018-2019

Hoxe damos comezo ao noso novo proxecto Erasmus + K1 de mobilidade do profesorado para o bienio 2018-2020: "Impulso á educación inclusiva a través da innovación, o plurilingüismo e a xestión eficaz"

De esquerda a dereita: Eva Pousa (secretaria), Beatriz Temes (xefa de estudos), Honorato Losada (director) e Beatriz Nieto (coordinadora programas europeos)


Como primeiro paso, publicamos a continuación a convocatoria de axudas para mobilidades destinadas aos profesores do noso centro. 





O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá, día 7 de setembro e remata o 21 de setembro.

Non deixedes de ler os obxectivos do proxecto e o folleto con información resumida.