Amosando publicacións coa etiqueta consorcio ka1 inclusión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta consorcio ka1 inclusión. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de abril de 2022

3ª sesión de obradoiro de competencia oral en inglés

 Velaquí varias imaxes da 3ª sesión do curso de competencia oral en inglés que María José Gil está a impartir no CFR de Ourense para profesores que desexen participar en mobilidades Erasmus +. 





Esta formación forma parte das iniciativas propostas polo Consorcio Erasmus+ "La educación inclusiva en la escuela actual", coordinado polo CFR de Ourense e do que o noso centro é socio. Nesta ocasión, ademais de actualizar o inglés en situacións de uso real, os participantes recibiron feedback detallado por parte da formadora e dos seus compañeiros, unha maneira de ser máis conscientes das súas producións e de como progresar de forma efectiva.




Thanks a million, María José!

xoves, 24 de marzo de 2022

mércores, 23 de marzo de 2022

Mini proxecto sobre Praga

 Vari@s alumn@s de 5º de primaria veñen de facer unha presentación interactiva sobre riqueza cultural de Praga na clase de 1º de ESO-A. O motivo é que María José Novo, a súa profe de música, vai participar nunha mobilidade Erasmus + nesta cidade en abril no marco do proxecto Erasmus + KA226 Inclusive Digital Education for Students and Families with Fewer Opportunites.








¡Grazas rapaces por unha exposición excepcional!

martes, 7 de decembro de 2021

Convocatoria axudas de mobilidade do profesorado 2021-22

 O vindeiro xoves, día 9, ábrese o prazo para solicitar axudas para o profesorado para realizar mobilidades no marco do proxecto Erasmus KA1 "La eduación inclusiva en la escuela actual", coordinado polo CFR de Ourense e no que somos centro colaborador.

Velaquí a ligazón a convocatoria. 

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 16 de decembro.

xoves, 2 de decembro de 2021

Actividade formativa no consorcio KA1 sobre inclusión

 A nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, ven de dar unha sesión formativa no CFR de Ourense enmarcada no proxecto Erasmus + A Educación inclusiva na escola actual. 

Como o título indica, a finalidade do proxecto é fomentar a inclusión a través do intercambio de coñecementos e boas prácticas ao longo de 4 estadías de observación en centros de Grecia e Suecia e 3 cursos formativos en Atenas, Dublín e Praga, respectivamente.





Neste proxecto, coordinado polo CFR de Ourense, o noso colexio participa con 2 centros galegos, o CEIP Xosé Luis Taboada, de A Barrela, Lugo e o CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente, Pontevedra.

Estade atentos!