mércores, 14 de outubro de 2026

Xornada 1 de Erasmus Days

 Hoxe, mércores 14 de outubro, demos comezo aos Erasmus Days no noso colexio cunha primeira xornada dedicada ao profesorado, chea de aprendizaxe, colaboración, intercambio de experiencias e espírito europeo.










A nosa xefa de estudos e coordinadora de Programas Europeos, Beatriz Nieto, presentou os proxectos Erasmus+ do noso centro:


Proxecto KA121, financiado polo programa Erasmus+ da Unión Europea, que contempla:


  • 3 cursos de formación do profesorado.
  • 5 estadías de observación (job shadowing).
  • 2 mobilidades de alumnado a países europeos.


Proxecto KA210 ROBE, actualmente pendente da concesión da axuda Erasmus+.


Tamén coñecemos os proxectos eTwinning nos que participan diferentes grupos de Educación Primaria e celebramos un seminario Erasmus+ centrado no uso de eTwinning como ferramenta para impulsar a cooperación e o desenvolvemento de proxectos educativos europeos.


A xornada culminou cun Café Pedagóxico Erasmus+, un espazo para compartir experiencias, intercambiar ideas e fomentar a colaboración e a cooperación entre docentes. Un encontro arredor dun café e uns petiscos que pretende ser o punto de partida de novas propostas de innovación educativa e futuros itinerarios de formación do profesorado.


Compartir para aprender, cooperar para innovar e conectar para medrar!


Porque Erasmus+ é moito máis que viaxar: é abrir as nosas aulas a Europa, aprender uns dos outros e construír xuntos unha educación máis innovadora, inclusiva e europea.


Mañá, xoves 15 de outubro, seguimos celebrando os Erasmus Days! Manterémosvos informados de todas as actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario