xoves, 25 de novembro de 2021

2ª xornada formativa sobre o programa Erasmus 2021-27

 Onte pola tarde tivemos a segunda xornada de formación coa nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, coa que aprendimos os tipos de modalidade de proxectos dentro da Acción Clave KA2, de cooperación transnacional así como os requisitos básicos para seleccionar os diferentes tipos de proxecto.





Ademáis, levamos a cabo un debate clave para identificar as necesidades clave do noso centro e establecer áreas de mellora con vistas a solicitar un novo proxecto Erasmus para o vindeiro curso escolar.

Moitas grazas, Bea!

mércores, 24 de novembro de 2021

A sesión formativa con Beatriz Nieto hoxe na prensa

 O Xornal Escolar de La Región faise eco da sesión formativa sobre o programa Erasmus con Beatriz Nieto celebrada a semana pasada.



Grazas pola difusión!

martes, 23 de novembro de 2021

Obradoiro con Bruno Nieto no marco do DTICEQT

 O alumnado de 1º da ESO ven de participar nun obradoiro con Bruno Nieto, deseñador e socio fundador de “Mucho Bambú”, empresa especializada en marketing e publicidade. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto Erasmus K226 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching) e trátase dun obradoiro preparatorio para un dos seus primeiros CPS: como dar visibilidade a riqueza natural da nosa provincia.









Grazas a axuda de Bruno, os participantes aprenderon estratexias, técnicas e ferramentas para seleccionar información sobre o tema e a deseñar folletos, cartaces e vídeos para difundir a información  na rede. Con Bruno tamén aprendemos como traballar en equipo para elaborar productos finais de forma eficaz. En decembro Bruno voltará para avaliar os traballos elaborados polos alumnus seguindo as súas pautas.

Grazas, Bruno!

martes, 16 de novembro de 2021

Sesión formativa sobre o programa Erasmus + 2021-27

 Esta tarde participamos na primeira sesión formativa do noso plan de formación, que este curso versa sobre o novo programa Erasmus + 2021-2027.

Da man da nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, repasamos de forma lúdica o impacto dos diferentes proyectos Erasmus + que o centro ten coordinado e nos que participou e segue a participar desde o curso 2017-18.







Tamén analizamos os diferentes tipos de accións formativas contempladas no novo programa Erasmus, os seus obxectivos e requisitos para poder ser levadas a cabo.



Grazas, Bea!