O alumnado de 1º da ESO ven de participar nun obradoiro con Bruno Nieto, deseñador e socio fundador de “Mucho Bambú”, empresa especializada en marketing e publicidade. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto Erasmus K226 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching) e trátase dun obradoiro preparatorio para un dos seus primeiros CPS: como dar visibilidade a riqueza natural da nosa provincia.
Grazas a axuda de Bruno, os
participantes aprenderon estratexias, técnicas e ferramentas para seleccionar
información sobre o tema e a deseñar folletos, cartaces e vídeos para difundir
a información na rede. Con Bruno tamén
aprendemos como traballar en equipo para elaborar productos finais de forma eficaz.
En decembro Bruno voltará para avaliar os traballos elaborados polos alumnus seguindo
as súas pautas.
Grazas, Bruno!
Ningún comentario:
Publicar un comentario