venres, 31 de xaneiro de 2020

Discovering Ireland

Os peques de infantil descubren a cultura e tradicións de Irlanda logo da estadía en Dublín da súa titora, María José Novo que, como recordaredes, fixo un curso sobre a metodoloxía AICLE (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Linguas Estranxeiras) o pasado novembro.
Ademais de estar en contacto a través de vídeos durante a estadía, María José compartíu libros, folletos e pósters sobre lugares de interés, celebridades, gastronomía e natureza.
Thanks, María José! We love Ireland!






Para saber máis, visita o blog da clase de 5 anos.

venres, 24 de xaneiro de 2020

Charla sobre a estadía en Dublín aos alumnos de primaria

Logo da súa estadía en Dublín o pasado mes de novembro, María José Novo compartíu a súa experiencia cos alumnos de 4º e 5º de primaria, encargados de elaborar un mini-proxecto sobre Irlanda antes desta mobilidade.










María José amosoulles vídeos e imaxes da súa estadía en Dublín e explicoulles en inglés os instrumentos tradicionais deste país, a súa historia e influencia.
Grazas Marñia José por unha charla excepcional!

venres, 10 de xaneiro de 2020

Estamos a preparar un novo proxecto!

Eva Pousa, a nosa secretaria, acudíu hoxe a Santiago de Compostela para participar nun obradoiro impartido por dona María Luz Ares Fandiño, asesora e coordinadora de Programas europeos e eTwinning, para familiarizarse coas novidades da convocatoria de proxectos Erasmus + KA1 de mobilidade para o profesorado.





Manterémosvos informados!
Grazas a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional por esta axuda!

mércores, 8 de xaneiro de 2020

Os nosos proxectos europeos na prensa!

Non deixedes de ler esta reportaxe no Xornal Escolar de La Región que da conta dos proxectos de internacionialización que estamos a levar a cabo. Ademais do programa Erasmus +, faise eco do programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo e do proxecto Postcrossing.
Grazas pola difusión!