mércores, 14 de marzo de 2018

Participamos no concurso escolar da ONCE sobre a inclusión

Velaquí a lista de reprodución cos vídeos creados por alumnos de ESO para participar nun concurso cuxo tema estña directamente relacionado cos obxectivos do noso proxecto, a educación inclusiva. Trátase da 34ª edición do concurso escolar da ONCE.
Parabéns, rapaces! Moita sorte!!!

venres, 9 de marzo de 2018

4ª xornada en Brunswick

Onte foi unha xornada moi enriquecedora na Realschule George Eckert! Beatriz Nieto participou en varias actividades que lle permitiron coñecer os enfoques didácticos empregados e varias medidas para promover a inclusión e mellorar a xestión do centro.



Grazas á observación de aulas de inglés, historia e arte, Beatriz comprobou a importancia das técnicas de avaliación formativa para facer do alumno máis responsable da aprendizaxe. 





Tivo a oportunidade de asistir a unha sesión de avaliación do profesorado na que descubríu que aspectos pedagóxicos e didácticos téñense en conta no sistema alemán para avaliar a docencia.






E participou nunha xornada de acollida ás familias na que foi informada de medidas para favorecer a cohesión da comunidade escolar.





xoves, 8 de marzo de 2018

3ª xornada en Brunswick

Beatriz Nieto comparte con nós varias imaxes do seu 3º día de estadía en Brunswick, unha xornada intensa na que tivo a oportunidade de visitar un centro de ensino secundario superior, Gymnazium en alemán, e asistir ás aulas de castelán. Os propios alumnos foron os encargados de facer unha presentación para explicarlle a Bea o sistema educativo alemán e as tradicións e cultura de Brunswick. 








Os propios alumnos foron os encargados de facer unha presentación para explicarlle a Bea o sistema educativo alemán e as tradicións e cultura de Brunswick. Ademais, Bea participou nunha visita cultural ao Museo Xudeu da cidade.





Grazas por compartir a túa experiencia!

mércores, 7 de marzo de 2018

A mobilidade a Brunswick na prensa

O Xornal Escolar de La Región faise eco da 4ª mobilidade do noso proxecto; a estadía de observación de Beatriz Nieto na RealSchule George-Eckert en Brunswick, Alemaña. 


martes, 6 de marzo de 2018

Hallo aus Braunschweig!

Velaquí varias imaxes do 1º día de Beatriz Nieto na Realschule George-Eckert en Brusnkwick, Alemaña. Foi unha xornada intensa na que Beatriz puido visitar as dependencias do centro, entrevistarse co equipo directivo e observar clases de inglés e de historia en secundaria. Ao remate do horario lectivo, os anfitrións convidárona a un percorrido guiado pola zona histórica desta vila.






Ao remate do horario lectivo, os anfitrións convidárona a un percorrido guiado pola zona histórica desta vila.






Grazas Bea por compartir a túa experiencia! Seguimos atentos!


venres, 2 de marzo de 2018

Gute reise, Bea!


A coordinadora de noso proxecto, Beatriz Nieto, viaxará a próxima semana a Brunskwick, a segunda ciudade da Baixa Saxonia en Alemaña para participar nunha estadía de observación nun instituto de educación secundaria, a RealSchule George-Eckert, un centro de referencia polas súas medidas de atención á diversidade e polos seus programas de mediación educativa.





Ao longo de 6 días, Beatriz terá a oportunidade de observar clases reais para analizar o enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademáis, entrevistarase con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en ambos centros e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.

Gute reise, Bea!