venres, 9 de marzo de 2018

4ª xornada en Brunswick

Onte foi unha xornada moi enriquecedora na Realschule George Eckert! Beatriz Nieto participou en varias actividades que lle permitiron coñecer os enfoques didácticos empregados e varias medidas para promover a inclusión e mellorar a xestión do centro.



Grazas á observación de aulas de inglés, historia e arte, Beatriz comprobou a importancia das técnicas de avaliación formativa para facer do alumno máis responsable da aprendizaxe. 





Tivo a oportunidade de asistir a unha sesión de avaliación do profesorado na que descubríu que aspectos pedagóxicos e didácticos téñense en conta no sistema alemán para avaliar a docencia.






E participou nunha xornada de acollida ás familias na que foi informada de medidas para favorecer a cohesión da comunidade escolar.





Ningún comentario:

Publicar un comentario