martes, 26 de marzo de 2024

Obradoiros en inglés e en francés

 O alumnado de Peniche que estivo de visita Erasmus a semana pasada participou en dous obradoiros co alumnado de 2 e 3 da ESO. O primeiro foi un quiz en inglés para coñecer aspectos da cultura e da xeografía de España e de Portugal.






O segundo foi unha chasse au trésor de libros en francés na biblioteca.







Pasáronno xenial! 

luns, 25 de marzo de 2024

Obradoiro de defensa persoal

 Outra actividade que tivo lugar durante a estadía do alumnado e o profesorado de Peniche, Portugal, foi un obradoiro de defensa persoal a cargo de Felipe Iglesias, o noso profesor de Educación Física e campeón mundial de jiu-jitsu.

Pasáronno xenial!










xoves, 21 de marzo de 2024

Recepción no Concello de Ourense

 Onte acompañamos ao alumnado e profesorado de Peniche, Portugal ao Concello, onde fomos recibidos pola concelleira de educación, Tamara Silva, quen explicounos información interesante sobre a cultura e tradicións ourensás.

Moitas grazas por unha acollida excepcional! 







mércores, 20 de marzo de 2024

Actividades interactivas sobre a cultura portuguesa

 Queres saber máis sobre a gastronomía, música, deportes ou bailes de Portugal?

Non deixes de visitar esta ligazón con actividades e xogos interactivos creados polo noso alumnado da ESO e o alumnado visitante de Peniche, Portugal durante a súa estadía no colexio.

Muito obrigado!












martes, 19 de marzo de 2024

Visita de alumnado e profesorado de Peniche, Portugal

 Esta semana acollemos a alumnado e profesorado do Agrupamento de Escolas Dom Luís de Ataíde de Peniche, Portugal, que participarán en aulas e reunións e cos que intercambiaremos boas prácticas.

Velaquí a primeira: unha visita a unha expo de cómics na biblio, organizada por Noel Cid, alumno de 3 ESO-B

Grazas, Noel!