venres, 16 de novembro de 2018

Greetings from Leeds!

Moitas grazas, Diego, por esta postal desde Leeds, a cidade británica onde se está a desenvolver a terceira estadía Erasmus + deste proxecto. Fai clic AQUÍ para saber máis sobre a mobilidade de Diego Iglesias.





martes, 13 de novembro de 2018

Greetings from Leeds!

Na primeira xornada no curso AICLE en Leeds, Diego Iglesias aprende a  sacar o máximo partido de a diferentes tipos de organizadores gráficos para ensinar unha materia nun segundo idioma. Porque, segundo os expertos en plurilingüismo, este enfoque non só consiste en asimilar vocabulario relacionado coa materia en sí, senón é un conxunto de estratexias e técnicas que axudan ao alumno a mellorar as súas destrezas en inglés ao tempo que empregan o idioma nun contexto específico e para completar unha tarefa concreta.






Thanks a lot for the update, Diego!

domingo, 11 de novembro de 2018

Have a good trip, Diego!

Diego Iglesias, profesor de física e química, viaxa hoxe a Leeds, Reino Unido, para participar nun curso de formación dirixido a profesores de toda Europa sobre o enfoque AICLE (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Linguas Estranxeiras).


Ao longo de 5 días, Diego terá a oportunidade de aprender estratexias e técnicas para deseñar materiais AICLE e aplicar este enfoque de forma máis efectiva. Ademais, poderá intercambiar impresións e experiencias con profesores de distintos países para reflexionar e importar ideas acerca dunha educación plurilingüe.




Estamos atentos, Diego!

sábado, 10 de novembro de 2018

Última xornada en Vizela

A última xornada de Carmen e Mary no Agrupamento de Escolas Infias en Vizela, Portugal, consistíu nunha fantástica sesión de lectura e contos galegos e portugueses na biblioteca da escola. Foi unha experiencia moi enriquecedora xa que, grazas á escolla de contos feita por Carmen, alumnos e profesores decatáronnse das similitudes entre o folclore galego e portugués, boa proba dun pasado cultural común.
Obrigado!!






venres, 9 de novembro de 2018

Mini proxecto sobre Leeds

A menos de 3 días para que Diego Iglesias, profesor de física e química, comece a súa mobilidade e Leeds, a clase de 4º de ESO-B, ven de facer unha interesante exposición sobre esta coñecida cidade do norte de Inglaterra, o maior centro de negocios e financiero despois de Londres.





Thank you, guys and congratulations on your awesome work!

4ª xornada en Vizela

No penúltimo día de estadía no Agrupamento de Escolas Infias de Vizela, Carmen e Mary diron clase a alumnos de secundaria: Carmen impartíu unha interesante sesión sobre a nosa cultura e as moitas similitudes coa cultura lusa e Mary deu unha sesión en inglés cun enfoque comunicativo.







Ademais tamén deron unha presentación sobre o noso centro nun intento de seguir colaborando en futuros proxectos.


Parabéns e obrigado pelo voso trabalho!

xoves, 8 de novembro de 2018

3ª xornada en Vizela

Carmen e Mary veñen de visitar o centro escolar de infantil e primaria do Agrupamento de Escolas Infias en Vizela. Logo dunha acolllida excepcional, tiveron a oportunidade de ver as diferentes dependencias e de asistir a unha sesión do programa Cientista em Açao, un proxecto que moi semellante ao noso Ciencia Activa!






Obrigado pelo update!!

martes, 6 de novembro de 2018

2ª xornada en Vizela

Carmen e Mary comparten estas imaxes da segunda xornada no Agrupamento de Escolas Infias en Vizela. Hoxe foi un día intenso no que asistiron a reunións co profesorado e a clases reais. Velaquí Carmen impartindo unha interesante sesión sobre as cantigas de amigo en galego-portugués, evidencia do noso pasado común:


E estrouta imaxe dunha sesión de educación emocional para alumnos de primaria:



Obrigado pelo update!!

Saudações de Vizela

Carmen e Mary comparten connosco varias imaxes da súa primeira xornada no Agrupamento de Escolas Infias de Vizela: logo de seren recibidas cun típico cha, intercambiaron información e impresións coa coordinadora de programas internacionais do agrupamento e visitaron as dependencias do centro. 







Obrigado pelo update!

domingo, 4 de novembro de 2018

Boa viagem, Carmen e Mary!

Carmen, a xefa do departamento de galego, e a teacher Mary, viaxan hoxe a a Vizela, no norte de Portugal para participar nunha estadía de observación no Agrupamento de Escolas Infias de Vizela.


Ao longo de 6 días, Carmen e Mary terán a oportunidade de observar clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademais, entrevistarase con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en Portugal e no noso país e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.
Boa viagem!!






sábado, 3 de novembro de 2018

Pergamiño sobre as Cantigas de Amigo

Parabéns aos alumnos de 1º e 2º da ESO por este pergamiño das Cantigas de Amigo, un bonito agasallo para os seus compañeiros do Agrupamento de Escolas de Infias en Vizela, Portugal, que recorda a nosa orixe cultural común: o galego-portugués. A profesora Carmen, que fará unha estadía neste centro a vindeira semana, será a encargada de entegrarllo.






Muito giro, obrigado!!

Mini proxecto sobre Vizela, Portugal


Os alumnos alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria, veñen de completar un fantástico proxecto sobre unha cidade do noso país veciño: Vizela, ao norte de Portugal. 


Alí viaxarán mañá Carmen, a xefa do departamento de galego, e a teacher Mary para participar nunha estadía de observación no Agrupamento de Escolas Infias de Vizela. Vai ser unha oportunidade única de intercambiar experiencias cun centro pioneiro en innovación educativa así como de familiarizarse co sistema educativo portugués e de establecer lazos cun centro de lingua e cultura tan próximas.













Parabéns, rapaces!