Carmen, a xefa do departamento de galego, e a teacher Mary, viaxan hoxe a a
Vizela, no norte de Portugal para participar nunha estadía de
observación no Agrupamento de Escolas Infias de Vizela.
Ao
longo de 6 días, Carmen e Mary terán a oportunidade de observar
clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas
prácticas docentes. Ademais,
entrevistarase con profesores para intercambiar información sobre a
realidade educativa e sociocultural en Portugal e no noso país e
para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.
Boa
viagem!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario