mércores, 31 de outubro de 2018

2ª xornada en Florencia

Beatriz Nieto manténnos informados da súa mobilidade en Florencia. Onte foi un día intenso no que Bea aprendeu estratexias moi útiles de atención a diversidade recollidas baixo o acrónico inglés MATCH:






Nunha interesante sesión colaborativa foron quenes de intercambiar impresións, coñecemento e experiencias para potenciar un ensino baseado no dinamismo, a pro-actividade e o carácter experencial.













Tamén tivo a oportunidade de achegarse á como educar nas emocións e coñecer os sistemas educativos de Finlandia, Lituania e Suecia grazas ás presentacións de varias compañeiras de curso.
Que interesante, Bea!
Seguimos atentos!

martes, 30 de outubro de 2018

Bea Nieto presenta o noso cole en Florencia

Beatriz Nieto recibe os parabéns de parte de profesores de países tan diferentes como Finlandia, Polonia, Lituania, Suecia e Italia, logo de presentar os nosos enfoques metodolóxicos, a xestión, a atención a diversidade e as iniciativas do noso centro.



Grazie mille, Bea!

luns, 29 de outubro de 2018

1ª xornada en Florencia

Velaquí varias imaxes da 1ª xornada de Beatriz Nieto no curso sobre atención a diversidade que está a ter lugar e Florencia.


Logo de asistir a varias charlas impartidas por profesores de distintos países europeos, Bea comparte con nós estratexias innovadoras de atención a diversidade tales como as adaptacións dos materiais e das instrucións, a atención individualizada e como facer da aula de apoio un lugar inspirador.









Grazas, Bea! Seguimos atent@s!

sábado, 27 de outubro de 2018

Buon viaggio, Bea!

Beatriz Nieto viajará mañana a Florencia para participar en un evento formativo dirigido a profesores de centros educativos de toda Europa. A lo largo de 6 días, Beatriz tendrá la oportunidad de familiarizarse con el sistema educativo italiano para analizar su enfoque pedagógico e importar buenas prácticas docentes. Además, se entrevistará con profesores para intercambiar información sobre la atención a la diversidad  y para sentar las bases de futuros proyectos de colaboración. El evento también incluye sesiones formativas sobre inclusión educativa durante las cuales Beatriz podrá comprobar qué medidas y estrategias favorecen la cohesión de la comunidad escolar.

Buon viaggio, Bea!

venres, 26 de outubro de 2018

Mini proxecto sobre Florencia

A menos de 3 días para que comece a 1ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, os alumnos de oratoria de 1º de ESO, supervisados pola súa profesora Sara Perea, veñen de completar un fantástico proxecto sobre unha cidade excepcional, Florencia. Alí viaxará o domingo a coordinadora do noso proxecto Erasmus + para participar nun curso de inclusión educativa no que poderá familiarizarse co sistema educativo italiano e apender estratexias e técnicas para atender con eficacia ás necesidades dos alumnos.





Velaquí o proxecto dos alumnos; parabéns, rapaces!