Amosando publicacións coa etiqueta charlas 2. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta charlas 2. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de xuño de 2020

Vídeconferencia sobre a estadía de observación en Brunswick

 Beatriz Temes ven de compartir co profesorado a súa experiencia na Realschule George-Eckert na que fixo unha estadía de observación de 5 días o pasado mes de marzo.





Grazas Bea por unha charla tan amena, detallada e inspiradora, que deu lugar a un interesante debate con ideas para facer do noso colexio unha escola máis inclusiva. Podes consultalas nesta presentación que Bea preparou para todos nós:

xoves, 4 de xuño de 2020

Vídeoconferencia sobre a estadía en Dublín

 Grazas a Quico Rodríguez por unha charla tan amena como estimulante sobre a túa estadía en Dublín, un curso de actualización lingüística en inglés que tivo lugar en febreiro e que acadou os tres obxectivos previstos:

  • Mellorar a competencia en inglés do participante
  • Aprender sobre a cultura irlandesa e os vínculos coa nosa cultura
  • Comprobar a eficacia do enfoque por tarefas e proxectos




Non deixes de ver este vídeo-resumo sobre a experencia de Quico:


martes, 26 de maio de 2020

Aprendemos sobre atención a diversidade grazas á estadía en Florencia

 Logo da súa estadía en Florencia, Beatriz Nieto comparte con nós todo o aprendido sobre como mellorar á atención a diversidade, especialmente no referido a alumnos con necesidades educativas especiais. 


Grazas Bea por unha charla excepcional sobre inclusión educativa. Podes consultar a súa presentación a continuación:

martes, 18 de febreiro de 2020

Charla informativa sobre a mobilidade CLIL en Dublín

Logo da súa mobilidade en Dublín, María José Novo impartíu unha amena charla sobre o aprendido no curso CLIL (Content and Language Integrated Learning). Ao sermos centro plurilingüe, estamos moi interesados na aplicación de este enfoque e María José foi quen de transmitir as claves dunha aplicación efectiva, estratexias para fomentar o plurilingüismo e retos a ter en conta.



Ademais, tamén contounos información moi interesante sobre o seu día a día en Dublín e sobre as tradicións e cultura de Irlanda.




Moitas grazas María José! Tomamos boa nota das túas indicacións!!

venres, 24 de xaneiro de 2020

Charla sobre a estadía en Dublín aos alumnos de primaria

Logo da súa estadía en Dublín o pasado mes de novembro, María José Novo compartíu a súa experiencia cos alumnos de 4º e 5º de primaria, encargados de elaborar un mini-proxecto sobre Irlanda antes desta mobilidade.










María José amosoulles vídeos e imaxes da súa estadía en Dublín e explicoulles en inglés os instrumentos tradicionais deste país, a súa historia e influencia.
Grazas Marñia José por unha charla excepcional!

mércores, 13 de novembro de 2019

Charla informativa sobre Vizela


Logo da súa estadía no Agrupamento de Escolas Infias en Vizela, Portugal, Tamara Silva impartíu unha charla moi amena sobre a súa experiencia aos alumnos de 6º de primaria, que elaboraran o mini proxecto sobre esta vila portuguesa. Con Tamara descubriron as diferenzas entre as aulas portuguesas e as aulas de aquí, como se ensina a educación física e como se motivan aos alumnos para que saquen o máximo partido da súa aprendizaxe e do día a día na escola.





Muito obrigado, Tamara!

mércores, 22 de maio de 2019

Charla informativa sobre a estadía en Crema

O mércores pasado, a teacher María José Gil,  impartíu unha interesantísima charla ao profesorado sobre todo o aprendido durante a súa estadía de observación no Istituto de Instruzione Superiori Pietro Safra en Crema, Italia.


Foron cinco días intensos de observación e colaboración grazas aos que María José puido familiarizarse coas etapas educativas en Italia, os enfoque pedagógicos con máis presenza nas aulas, os instrumentos de avaliación e a xestión e coordinación dun centro integrado de ensino secundario
Ademais, compartíu con nós unha fascinante comparativa do sistema educativo español e da realidade docente e sociocultural de ambos centros, unha información valiosísima que sen dúbida terá un impacto a curto e longo prázo na nosa comunidade escolar.
Grazie, María José!









xoves, 16 de maio de 2019

Charla sobre Crema para os alumnos

Logo da súa estadía nun instituto de ensino secundario en Crema, Italia, a teacher María José impartíu unha charla moi amena sobre a súa experiencia aos alumnos de 4º da ESO, que elaboraran unha presentación sobre esta vila italiana. 


Con María José descubriron as diferenzas entre as aulas en Crema e as aulas de aquí, como se ensina o inglés e como se motivan aos alumnos para que saquen o máximo partido da súa aprendizaxe e do día a día na escola.







Grazie mille, María!

mércores, 8 de maio de 2019

Charla de Beatriz e María José sobre as súas estadías en Dublín

Como recordaredes, Beatriz Temes, xefa de estudos, e María José Novo, coordinadora de infantil,  viaxaron o pasado mes de febreiro a Dublín para importar boas prácticas do sistema educativo irlandés e actualizar a súa competencia en inglés.






Onte pola tarde, compartiron co claustro do profesorado información útil e impresións acerca dos centros que visitaron, as diferencias entre o sistema irlandés e o noso, e os motivos polos que levar a cabo unha mobilidade Erasmus + trae consigo moitas vantaxes a nivel profesional e persoal.
Grazas por unha charla moi amena e enriquecedora!