O mércores pasado, a teacher María José Gil, impartíu unha interesantísima charla ao profesorado sobre todo o aprendido durante a súa estadía de observación no Istituto de Instruzione Superiori Pietro Safra en Crema, Italia.
Foron cinco días intensos de observación e colaboración grazas aos que María José puido familiarizarse coas etapas educativas en Italia, os enfoque pedagógicos con máis presenza nas aulas, os instrumentos de avaliación e a xestión e coordinación dun centro integrado de ensino secundario
Ademais, compartíu con nós unha fascinante comparativa do sistema educativo español e da realidade docente e sociocultural de ambos centros, unha información valiosísima que sen dúbida terá un impacto a curto e longo prázo na nosa comunidade escolar.
Grazie, María José!
Ningún comentario:
Publicar un comentario