xoves, 31 de marzo de 2022

Nova actividade #DTICEQT: Primeiros pasos cun editor de texto.

 A clase de 4º de primaria completou unha actividade de formación na que aprenderon a manexar unha ferramenta tan útil como é un editor de texto: o deseño e disposición de páxina, os tipos de letra, os parágrafos, o número de páxina, as táboas e máis funcións tan importantes para crear documentos.

Velaquí varias imaxes:






mércores, 30 de marzo de 2022

O mini proxecto sobre Praga na prensa

 O Xornal Escolar de La Región faise eco do mini proxecto sobre Praga que os alumnos de 5º de primaria e 1º da ESO levaron a cabo para axudar a María José a preparar a súa mobilidade a esta cidade, que terá lugar a finais de abril.


Parabéns!

venres, 25 de marzo de 2022

Nova actividade #DTICEQT: PreHistorians

O alumnado de 1º da ESO ven de completar "PreHistorians", nun proxecto baseado na aprendizaxe por indigación na que descubriron o día a día dos nosos antepasados antes da invención da escritura. Esta actividade está enmarcada no proxecto Erasmus + K226 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching). 



Tras unha primeira fase na que puxeron en orde os seus coñecementos sobre a Prehistoria, os alumnos traballaron en catro equipos sobre catro áreas diferentes da mesma (Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais e Megalitismo). Tras investigar sobre os principais achados de cada unha delas, puxéronse mans á obra e construiron diversos artefactos que ben puideron ser encontrados nun xacemento arqueolóxico!

Mámoa

Venus de Willenforf

Cerámica cardial

Fouce de dentes pulidos

Torques

Puñal de antenas

Dolmen

Tras defender diante dos compañeiros a súa rigurosidade histórica, cubriron unhas fichas arqueolóxicas para elaborar un catálogo dixital conxunto.











Noraboa rapaces!



xoves, 24 de marzo de 2022

mércores, 23 de marzo de 2022

Mini proxecto sobre Praga

 Vari@s alumn@s de 5º de primaria veñen de facer unha presentación interactiva sobre riqueza cultural de Praga na clase de 1º de ESO-A. O motivo é que María José Novo, a súa profe de música, vai participar nunha mobilidade Erasmus + nesta cidade en abril no marco do proxecto Erasmus + KA226 Inclusive Digital Education for Students and Families with Fewer Opportunites.








¡Grazas rapaces por unha exposición excepcional!

martes, 22 de marzo de 2022

Nova actividade #DTICEQT: Que é a RAE?

 O alumnado de 2º de ESO-B ven de completar unha actividade enmarcada no proxecto Erasmus + K226 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching) sobre a importancia da Real Academia Española (RAE) cuxo resultado é a elaboración desta estupenda infografía para a cal precisaron buscar, seleccionar e expresar información dunha forma moi concisa.



Parabéns a todos!

luns, 21 de marzo de 2022

2ª sesión do obradoiro de speaking Erasmus+

Velaquí varias imaxes da 2ª sesión do curso de competencia oral en inglés que María José Gil está a impartir no CFR de Ourense para profesores que desexen participar en mobilidades Erasmus +. 

Esta formación forma parte das iniciativas propostas polo Consorcio Erasmus+ "La educación inclusiva en la escuela actual", coordinado polo CFR de Ourense e do que o noso centro é socio.


Grazas María José por axudarnos a actualizar o noso inglés dunha maneira tan amena, interactiva e aplicada!





luns, 7 de marzo de 2022

Nova actividade #IDEFFO en 4º de primaria: "MatemaTIC"

 O alumnado de 4º de primaria ven de completar  "MatemaTIC" unha nova actividade STEM no marco do proxecto Erasmus K226 #IDEFFO (Inclusive Digital Education for Students and Families with Fewer Opportunites.).






Ao longo de varias sesións, familiarizaronse con feramentas dixitais como Kahoot, Google Docs, Genially e Youtube para consolidar conceptos e estratexias da competencia matemática cun enfoque lúdico, colaborativo e baseado na aprendizaxe experiencial e por proxectos.

Para saber máis, consulta este dossier.

Parabéns!