mércores, 29 de novembro de 2023

Recompilación de imaxes da visita de estudos Erasmus do alumnado de Roma

 Velaquí máis imaxes da visita de estudos de profesorado e alumnado do ITIS León Battista Alberti de Roma. Ademáis de participar activamente en aulas de diferentes materias, colaboraron en 4º da ESO nun proxecto plurilingüe sobre o Sistema Solar, cuxo resultado podedes consultar aquí.






Tamén visitaron ao alumnado de 5º de primaria para ver as súas estupendas maquetas do Sistema Solar e recibiron un diploma acreditando a súa visita. 











Graze mille per la vostra visita! Arrivederci!

mércores, 22 de novembro de 2023

Visitamos o Parque Botánico de Montealegre

 O alumnado de 4º da ESO e o alumnado visitante do ITIS León Battista Alberti de Roma acudiron ao Parque Botánico de Montealegre para participar nunha visita guiada pola Aula da Natureza durante a que puideron descubrir plantas e árbores autóctonas e doutros lugares, apreciar a riquez natural de Ourense e degustar produtos típicos. Grazas por esta oportunidade!









venres, 17 de novembro de 2023

Batería de actividades plurilingües para coñecer ao alumnado italiano

 Velaquí varias imaxes da sesión levada a cabo esta mañá na aula Erasmus durante a que o alumnado do ITIS León Battista Alberti en Roma tivo a oportunidade de coñecer mellor ao noso alumnado da ESO grazas a unha batería de actividades e xogos para romper o xeo en inglés, italiano, castelán e galego.

Grazie mille! We had loads of fun!







xoves, 16 de novembro de 2023

Visita de estudos Erasmus de estudantes italianos

Hoxe demos a benvida a 11 estudantes italianos e a 2 dos seus profesores, do ITIS León Battista Alberti en Roma, que farán unha estadía de estudios enmarcada no programa Erasmus + ata o vindeiro 25 de novembro.

Logo dunha acollida polo equipo directivo e un tour polo centro, foron recibidos no Concello e fixeron un tour guiado polo casco antigo para visitar os lugares máis icónicos de Ourense.




Podes consultar o programa de actividades nesta ligazón