venres, 21 de decembro de 2018

Volve Postcrossing!

Retomamos o proxecto de internacionalización Postcrossing at Padre Feijoo-Zorelle enviando cinco postais de Nadal a cinco cidades diferentes: Eindhoven en Holanda; Herford en Alemaña; Khavarovsk en Rusia, Wilkesboro nos EEUU e Heilongjiang en China.











Visita o blog de Postcrossing para saber máis.
Thank you all!!



martes, 18 de decembro de 2018

Entrevista a Mary e a Carmen sobre a súa estadía en Vizela, Portugal

Mary e Carmen veñen de compartir con nós a súa experiencia en Vizela, Portugal, logo de participar nunha estadía de observación no Agrupamento de Escolas Infias de Vizela . Non deixes de ler esta entrevista. Grazas!



Tipo de mobilidade: estadía de observación
Institución de acollida: Agrupamento de Escolas Infias de Vizela
Duración: 5 días
Lugar: Vizela, Portugal

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Mary: observación da docencia de varias aulas tanto de Inglés como lingua estranxeira coma de Portugués como lingua materna
Carmen: observación da xestión dun agrupamento escolar e dos programas e proxectos de inclusión que levan a cabo

Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Mary: Impartín unha clase de séptimo e outra de noveno de Inglés e fixen a lectura de varios contos populares galegos
Carmen: Visitas guiadas aos dous centros escolares, a Vizela e arredores; asistencia a clases de distintos niveis; entrevista cunha coordinadora; impartición de clases de lingua e cultura galego-portuguesa.

Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
Mary: Técnicas de ensino, metodoloxía, novos puntos de vista sobre a ensinanza de idiomas, inmersión na cultura inglesa
Carmen: Observar aplicación de técnicas de prevención de condutas disruptivas; nova metodoloxía na ensinanza de lingua; estratexias de prevención e solución de problemas nos centros escolares.

Como cres que podería mellorar?
Mary: Agardo que miña experiencia, unha vez compartida no meu propio centro, permita mellorar a inclusión e fomentar a innovación docente.
Carmen: Podendo interactuar con alumnos e/ou idealmente podendo levar a alumnos do centro a experimentar por sí mesmos a práctica desta metodoloxía e coñecer os aspectos culturais que tamén son obxectivo esencial das mobilidades.

Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio

Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Mary: Que é unha experiencia fantástica e que merece moitísimo a pena. É unha oportunidade única para seguir formándose como profesores e compartir o aprendido.
Carmen: Que se animen. Que se preparen para poder falar a lingua do país que se vaia visitar e para sacar o máximo partido a unha experiencia que pode ter un impacto moi positivo en toda a comunidade educativa.


luns, 17 de decembro de 2018

Formación de Beatriz Nieto no CFR de Ourense

A coordinadora de programas europeos, Beatriz Nieto, ven de dar unha charla no Centro de Formación e Recursos para o profesorado de Ourense sobre os diferentes proxectos europeos que estamos a levar a cabo no colexio.



Ademais de amosar as iniciativas derivadas no noso proxecto Erasmus + e da nosa labor como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, Bea explicou os beneficios derivados destas accións: maior innovación por parte do profesorado (que se pon de manifesto en proxectos como Ciencia Activa ou Little Historiadores), maior autonomía por parte do alumnado e maior implicación das familias e maior inclusión da diferenza.






Grazas, Bea! De novo, unha mostra do impacto sostible do noso proxecto!

xoves, 13 de decembro de 2018

Charla sobre a mobilidade en Vizela


Onte pola tarde, as profesora Carmen e Mary, deron una interesante charla sobre a súa experiencia en Vizela, Portugal, logo de ter participado nunha estadía de 5 días no Agrupamento de Escolas Infías.
Mary explicounos o sistema educativo portugués e proporcionou información sobre a  historia deste agrupamento de centros, a súa xestión e funcionamento.







Carmen centrouse no enfoque metodolóxico que empregan e as medidas que teñen tomado para facer da agrupación una escola inclusiva. A súa metodoloxía é, ante todo, experiencial e aplicada e potencia a autonomía do alumno a través da avaliación de diagnóstico e formativa. Para favorecer a inclusión, tal e como facemos no noso centro, o agrupamento leva a cabo programas e proxectos en colaboración con outras institucións, para axudar a todos os alumnos a ser xestionar mellor a súa aprendizaxe, as súas emocións e as relacións interpersoais.







Grazas por un relatorio excepcional!

Charla informativa sobre un curso CLIL en Leeds, Reino Unido

Diego Iglesias, profesor de física e química, ven de compartir co equipo docente a súa experiencia logo da mobilidade en Leeds en novembro. Diego completou un curso sobre a metodoloxía CLIL (Content and Language Integrated Learning),que se basea no ensino e aprendizaxe conxuntas de contidos e lingua estranxeira.







Grazas Diego por unha fantástica exposición que sen dúbida vainos axudar a potenciar o plurilingüismo no centro!

martes, 4 de decembro de 2018

Charla sobre a estadía nas escolas de Vizela, Portugal

Logo da súa estadía no Agrupamento de Escolas Infias en Vizela, Portugal, a teacher Mary impartíu unha charla moi amena sobre a súa experiencia aos alumnos de 4º de primaria, que elaboraran un vistoso dossier sobre esta vila portuguesa. Con Mary descubriron as diferenzas entre as aulas portuguesas e as aulas de aquí, como se ensina o inglés e como se motivan aos alumnos para que saquen o máximo partido da súa aprendizaxe e do día a día na escola.






Thanks a million, Mary!