Mary e Carmen veñen de
compartir con nós a súa experiencia en Vizela, Portugal, logo de participar nunha estadía de observación no Agrupamento de Escolas Infias de Vizela
. Non deixes de ler esta entrevista. Grazas!
Tipo de
mobilidade: estadía de observación
Institución
de acollida: Agrupamento de Escolas Infias de Vizela
Duración:
5 días
Lugar:
Vizela, Portugal
Podes
describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Mary: observación da docencia de varias aulas tanto de Inglés como
lingua estranxeira coma de Portugués como lingua materna
Carmen: observación da xestión dun agrupamento escolar e dos
programas e proxectos de inclusión que levan a cabo
Que
contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Mary: Impartín unha clase de séptimo e outra de noveno de Inglés e
fixen a lectura de varios contos populares galegos
Carmen: Visitas guiadas aos dous centros escolares, a Vizela e
arredores; asistencia a clases de distintos niveis; entrevista cunha
coordinadora; impartición de clases de lingua e cultura galego-portuguesa.
Cales
foron os aspectos máis positivos da experiencia?
Mary: Técnicas de ensino, metodoloxía, novos puntos de vista sobre a
ensinanza de idiomas, inmersión na cultura inglesa
Carmen: Observar aplicación de técnicas de prevención de
condutas disruptivas; nova metodoloxía na ensinanza de lingua; estratexias de
prevención e solución de problemas nos centros escolares.
Como
cres que podería mellorar?
Mary: Agardo que miña experiencia, unha vez compartida no meu propio
centro, permita mellorar a inclusión e fomentar a innovación docente.
Carmen: Podendo interactuar con alumnos e/ou idealmente podendo
levar a alumnos do centro a experimentar por sí mesmos a práctica desta
metodoloxía e coñecer os aspectos culturais que tamén son obxectivo esencial
das mobilidades.
Cal
prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no
centro?
En
xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi
satisfactorio
Estarías
disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
Sí
Recomendarías
esta experiencia a outros profesores?
Por
suposto
Que lles
dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Mary: Que é unha experiencia fantástica e que merece moitísimo a
pena. É unha oportunidade única para seguir formándose como profesores e
compartir o aprendido.
Carmen: Que se animen. Que se preparen para poder falar a lingua
do país que se vaia visitar e para sacar o máximo partido a unha experiencia
que pode ter un impacto moi positivo en toda a comunidade educativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario