venres, 28 de abril de 2023

Última xornada en París

Na última xornada do curso de formación de Beatriz Nieto en París, a nosa xefa destudos e os seus compañeiros presentaron os produtos finais da formación e recibiron os certificados que acreditan a súa participación nesta intensa experiencia.


Moitas grazas, Bea! Feliz viaxe de volta a casa!

xoves, 27 de abril de 2023

Xornada sobre intelixencia artificial en París!

Qué é a intelixencia artificial? Todo ao que chamamos intelixencia artificial é realmente intelixencia artificial? Estas son dúas das moitas cuestións sobre as que a nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, xunto cos seus compañeiros de Turquía, Romanía, Italia, Alemaña e Estados Unidos reflexionaron na súa cuarta xornada en París antes de afondar no ChatGPT, un sistema de intelixencia artificial que responde a calquera pregunta que lle formulemos.

















Moitas grazas por compartir, Bea!

mércores, 26 de abril de 2023

Vimos de recibir esta fermosa postal de María José Gil, que, como sabedes, estivo a semana pasada en Praga nun curso sobre inclusión educativa con profesores checos, daneses, chipiotras e letóns.



Thanks a million, María!

Terceiro día en París!

Un día máis, Beatriz Nieto comparte con nós a súa xornada en París. Hoxe afondaron nun tema moi interesante: os algoritmos da Internet. Cómo inflúen na nosa vida a través de Internet? Quen os controla? Quen os crea? Con qué intención?




Logo de  traballar sobre algoritmos en redes socias e crear un, os participantes do curso debatiron sobre cómo empregar códigos e algoritmos nas aulas.



Menuda xornada!

martes, 25 de abril de 2023

2ª xornada de formación en Francia

 Velaquí varias imaxes da segunda xornada de formación de Beatriz Nieto en París. No día de hoxe, A nosa xefa de estudos, xunto cos seus compañeiros de curso, foi quen de deseñar e crear proxectos sobre a desinformación coa ferramenta Ted Ed ademais de coñecer outras apps educativas que de seguro serán moi útiles.










Moitas grazas, Bea, por compartir con nós a túa experiencia!

luns, 24 de abril de 2023

1ª xornada de Beatriz Nieto en París

Beatriz Nieto, a nosa xefa de estudos, comparte con nós varias imaxes do seu primeiro día de formación en París, onde a está a realizar un curso sobre competencia dixital organizado por Europass Teacher Academy.

No día de hoxe, ademais de presentar o noso colexio e o noso sistema educativo aos seus compañeiros de Turquía, Romanía, Italia, Alemaña e Estados Unidos,  traballaron sobre a desinformación na era da información e cómo detectar fake news.







Moitas grazas, Bea!

venres, 21 de abril de 2023

Última xornada en Praga de Mª José Gil

Hoxe rematou o curso sobre inclusión educativa que María José Gil realizou en Praga.  A través de tarefas colaborativas, María José foi quen de reflexionar sobre a importancia do teatro, das artes e das actividades transversais  para lograr a inclusión.









Moitas grazas Mª José por compartir a túa experiencia con nós! Boa viaxe de volta a casa!