martes, 18 de abril de 2023

2ª xornada de formación en Praga

Velaquí varias imaxes da 2ª xornada do curso sobre inclusión educativa que María José Gil está a realizar en Praga. As actividades de hoxe xiraron en torno á comunicación non violenta. Despois de reflexionar sobre cómo lidiar con conflitos, métodos comunicativos e a educación en valores e moral, a nosa teacher Mª José afondou, xunto cos seus compañeiros de curso, na avaliación do alumnado e cómo proporcionar feedback axeitado tendo en conta as características de cada alumno.








¡Unha xornada moi interesante!


Ningún comentario:

Publicar un comentario